Jennifer Uchendu é unha ecofeminista nixeriana e defensora do desenvolvemento sustentable. É a fundadora dunha plataforma en liña que fai que a sostibilidade sexa viable e interesante para mozos nixerianos a través dunha empresa social chamada SustyVibes.

Traxectoria Uchendu medrou en Lagos, onde asitiu á escola primaria e secundaria antes de matricularse na Universidade Covenant, onde completou unha licenciatura en bioquímica.

En 2016, Uchendu fundou SustyVibes, unha empresa social que fai que a sostibilidade sexa viable e interesante para os mozos de Nixeria a través de proxectos, produtos e política. SustyVibes naceu da necesidade de crear unha plataforma onde os mozos nixerianos poidan contribuír cos Obxectivos de Desenvolvemento sustentable a través de ferramentas da cultura pop como a música, a fotografía, os filmes, o turismo etc.

O nome de SustyVibes é unha combinación de "Sustainable" e "Vibes" que busca facer do desenvolvemento sustentable un compromiso interesante para os mozos a partir dunha plataforma en liña onde todos poden coñecer as novas sobre sostibilidade en Nixeria.

Desde os comezoas, a organización xa formou a máis de 2000 alumnos de distintas escolas e ten unha rede de máis de 200 voluntarios en Nixeria. SustyVibes organizou un obradoiro dun día sobre "Xuventude Liderando Sustentabilidade" durante o Día Internacional da Xuventude en Rivers State, en 2016.

Recoñecementos

Mandela Washington Fellowship 2018 Vencedora do SME100 África de 2017, na categoría de sostibilidade e enerxía Premio WIMBIZ de Investimento de Impacto 2017, 2º posición

Notas

Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge Categoría:Nados en Nixeria Categoría:Nados en 1992 Categoría:Ecoloxistas de Nixeria Categoría:Feministas de Nixeria