Eduardo Cabello de Samano Ebrentz, nado en Filadelfia o 17 de abril de 1865 e finado en Vigo o 26 de xullo de 1957, foi un enxeñeiro, artífice do Porto de Vigo.

Traxectoria Fillo de Félix Cabello de Samano y Gutiérrez de la Concha, natural de Argomilla de Cayón, Cantabria, e Luisa Ebrentz y Collins, de Nova York, aveciñados en Cuba, onde eran propietarios de fábricas de azucre, Eduardo naceu nos Estados Unidos de América, estando alí a familia polos estudos dos seus irmáns máis vellos. Coa familia de volta en Cuba, fixo cinco anos de Bacharelato no xesuíta Colexio de Belén da Habana.O tal colexio inda existe, en Miami, onde se trasladou en 1961, trala Revolución Cubana. miniatura|Familia Cabello–Ebrentz. En 1882, tralo pasamento da súa nai, Eduardo trasladouse a Madrid a estudar enxeñaría, aloxándose na casa do tío do seu pai, o xeneral José Gutiérrez de la Concha, Marqués da Habana, Expresidente do Consello de Ministros do Goberno de España e daquela Presidente do Senado.

Foi enxeñeiro director de obras do Porto de Vigo, promotor e impulsor das instalación portuarias da súa contorna, de Bouzas a Guixar, para o que fixo un ambicioso proxecto levado a cabo en gran parte.

Finou aos 92 anos de idade e foi soterrado no Cemiterio de Pereiró.

Recoñecementos miniatura|Escultura de Asorey na Avenida Eduardo Cabello de Vigo. Levan o seu nome unha rúa e a alameda lindeira, en Bouzas, Vigo, onde hai unha escultura que lle dedicou Francisco Asorey.

En agosto de 1929 recibiu a Gran Cruz do Mérito Civil. Foi nomeado fillo adoptivo da cidade en xaneiro de 1930 e en outubro dese mesmo ano outorgóuselle a Gran Cruz do Mérito Naval con Distintivo Branco.

O seu xenro, Amador Montenegro López Saavedra, casado coa súa filla María Luisa Cabello Manterola, compilou e transcribiu as memorias do sogro, que foron publicadas en 1991 polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Madrid.

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

P.P.K.O. (José Cao Moure) (2005) Vigo en 1927: los valores y la actualidad viguesa Instituto de Estudios Vigueses .

Outros artigos Autoridade Portuaria de Vigo Ligazóns externas Eduardo Cabello, artífice del puerto de Vigo. Efemérides del Puerto de Vigo, núms. 11-23, abril 2013 - abril 2014. Autoridad Portuaria .

Categoría:Enxeñeiros de España Categoría:Nados en Filadelfia, Pensilvania Categoría:Nados en 1865 Categoría:Finados en 1957 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos