Antonio Santiago Gómez Fernández, máis coñecido como Antonio Gómez, nado en Vigo o 13 de xullo de, 1957, é un adestrador e exfutbolista galego.
Traxectoria
Como futbolista Tras comezar no Areosa e xogar no Gran Peña, subiu ao Celta de Vigo en 1976 xunto co gardameta Alemany. Debutou en Primeira División o 17 de outubro contra o Real Betis no Benito Villamarín. Disputou 27 partidos co Celta esa tempada, na que o equipo acabou baixando a Segunda, e formou parte do equipo que logrou o ascenso na campaña seguinte. Ao remate desta foi facer o servizo militar a Barbastro e mentres, foi cedido ao Zaragoza para a tempada 1978/79, máis só disputou dous partidos co club aragonés. A continuación regresou a Vigo, permanecendo nas filas celestes ata 1984 e vivindo varios descensos e ascensos entre Primeira e Segunda B.
Selección española Foi internacional nunha ocasión coa selección española sub-21, coa que disputou un encontro fronte a Iugoslavia no estadio Maksimir de Zagreb en 1976.
Como adestrador Unha vez que colgou as botas, deu o salto aos bancos, aínda que xa levaba adestrando equipos infantís e xuvenís dende antes de debutar como futbolista profesional. Adestrou o Areosa e en 1987 pasou ao Xuvenil de Ponteareas, co que logrou o ascenso á Terceira División, e quedou subcampión da Copa Galicia.
En 1988 volveu ao Celta para coller as rendas do filial, o Turista, co que acabou campión da Rexional Preferente, ascendendo tamén a este equipo a Terceira, por primeira vez na historia do equipo. Continuou tres campañas máis no filial céltico, logrando ascender a Segunda B na tempada 1992/93.
No verán de 1993 asinou co Pontevedra CF, de Segunda B, onde permaneceu dúas tempadas e media, clasificando o equipo para unha promoción de ascenso na segunda delas.
En decembro de 1996 substituíu a Javier Yepes no CD Numancia, conseguindo ascender o equipo soriano ata a Segunda división, máis foi cesado en febreiro de 1998. A continuación adestrou a catro equipos da Segunda B: Valladolid Promesas, Cultural Leonesa (dúas veces), Ourense e Benidorm.
Entre 2007 e 2010 adestrou en Rexional Preferente, primeiro no Choco e despois no Céltiga. En 2010 foi contratado polo Real Murcia para dirixir o filial en Terceira. En 2011 converteuse no adestrador do Porriño Industrial, na Primeira Autonómica.
En xuño de 2012, os dirixentes do Coruxo oficializaron a contratación como novo adestrador do equipo verde para a tempada 2012/13 de Segunda B, sucedendo a Josiño Abalde. O 23 de outubro de 2013 foi destituído, sendo substituído por Rafa Sáez. O 26 de decembro de 2015 uniuse á AD Mérida como novo adestrador tras a destitución de Ángel Luis Alcázar.
O 22 de xuño de 2017 pasou a adestrar o Gran Peña, que durante a tempada 2017/18 competiu na primeira autonómica. O 6 de novembro de 2019, o Gondomar CF anunciou a súa fichaxe.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol . Datos do adestrador en BDFutbol .
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1957 Categoría:Futbolistas de Vigo Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Gran Peña Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Real Zaragoza Categoría:Xogadores do Cartagena FC Categoría:Xogadores do Arosa SC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia Categoría:Adestradores do Celta de Vigo B Categoría:Adestradores do Pontevedra CF Categoría:Adestradores do CD Numancia Categoría:Adestradores do Real Valladolid B Categoría:Adestradores da Cultural Leonesa Categoría:Adestradores do CD Ourense Categoría:Adestradores do Benidorm CF Categoría:Adestradores do CD Choco Categoría:Adestradores do Céltiga FC Categoría:Adestradores do Real Murcia Imperial Categoría:Adestradores do Porriño Industrial Categoría:Adestradores do Coruxo FC Categoría:Adestradores do Al Wahda FC Categoría:Adestradores do Mérida AD Categoría:Adestradores do Gran Peña Categoría:Adestradores do Gondomar CF