Claudia S. de Windt, nada en Santo Domingo, República Dominicana, é unha avogada internacional ambiental dominicana e experta en ciencias políticas.

Traxectoria O almirante César de Windt Lavandier, pai da Armada dominicana, inspirouna no seu interese pola natureza. De Windt estudou dereito na Universidade Iberoamericana (UNIBE), conta cunha mestría en Estudos Xurídicos Internacionais da Escola de Dereito da American University e cun Certificado en Negociacións da Escola de Dereito da Universidade Harvard.

En 2001 De Windt comezou o seu traballo no Departamento de Desenvolvemento Sustentable e a Secretaría de Seguridade Multidimensional da Organización de Estados Americanos (OEA), dirixindo iniciativas de reformas lexislativas, xustiza, sostibilidade, dereito ambiental, e a súa vinculación cos dereitos humanos nas Américas. De Windt traballou en propostas para lograr normas e prácticas de comercio que garantan a sostibilidade sen perder de vista a mitigación do cambio climático.

Emitiu argumentos orais con respecto á solicitude da República de Colombia dunha opinión consultiva da Corte Interamericana de Dereitos Humanos sobre a interpretación de varios artigos da Convención Americana sobre Dereitos Humanos, que tratan as implicacións e ramificacións ambientais.

Na OEA foi Xefa da sección de Dereito Ambiental, Política e Boa Gobernalidade e especialista principal de seguridade e xustiza medio ambiental. Foi asesora principal e ten liderado diversos procesos políticos e de negociación no ámbito multilateral e hemisférico en materia de sostibilidade. Estivo a cargo da iniciativa de conflitividade social do Órgano interamericano.

De Windt colaborou na autoría de varias propostas lexislativas nas Américas incluíndo a Lei Xeral do Ambiente da República Dominicana e as súas normas. En 2015, De Windt formou parte da Comisión de Medio Ambiente que traballou na actualización do marco xurídico ambiental de México, a nivel do Senado Federal. Estes traballos continuaron noutros países da rexión como é o caso do Brasil. De Windt estivo involucrada en procesos de política e negociación sobre sostibilidade tanto no sistema Interamericano como no de Nacións Unidas.

Durante a pandemia xerada polo virus COVID-19, De Windt propuxo solucións desde o dereito ambiental para abordar pandemias globais como o COVID-19 nas Américas, colaborando coa Comisión Mundial de Dereito Ambiental (WCEL), entre outras cousas, no lanzamento do primeiro seminario web en castelán.

En abril do ano 2020, conxuntamente coa exministra de Xustiza de Paraguai, Sheila Abed, e coa ecuatoriana María Amparo Albán, experta en asuntos ambientais, sostibilidade e comercio; De Windt fundou o Instituto Interamericano de Justicia y Sostenibilidad (IIJS), unha empresa emerxente institucional con sede na cidade de Washington, D.C., Estados Unidos e con presenza en varias cidades das Américas. De Windt foi designada como Directora Executiva do IIJS o día Mundial do Medio Ambiente, 5 de xuño de 2020.

De Windt é catedrática adxunta da Facultade de Dereito de Washington College of Law, da American University.

Recoñecementos

En xaneiro de 2020, foi distinguida polo Environmental Law Institute como Académica Invitada Foi  recoñecida polo Consello Permanente da OEA polo seu invalorable apoio e dilixente xestión como asesora da Presidencia durante o  proceso das negociacións da XVLI Asemblea Xeral da Organización: CP/ACTA. 2078/16. Recoñecida polo Consello Permanente da OEA polo seu traballo permanente e compromiso co tema do cambio climático en 2015 Outstanding Performance Award (Premio ao desempeño sobresaliente), pola Secretaría Xeral da OEA. Recoñecida polo Goberno Dominicano pola súa colaboración ao éxito da Segunda Reunión Interamericana de Ministros e Altas Autoridades de Desenvolvemento Sustentable.

Notas

Categoría:Ecoloxistas Categoría:Nados na República Dominicana Categoría:Nados en 1976 Categoría:Personalidades da República Dominicana