miniatura|Díptico dos Nicómacos e dos Símacos. A folla esquerda está no Museo Nacional da Idade Media, en París; e a folla da dereita, no Victoria and Albert Museum de Londres.É.posíbel que o díptico conmemorase a unión entre as dúas familias aristocráticas e pagás romanas. Foi realizado para festexar a unión de Memio Símaco cunha muller da familia Nicómaco, no 401. Quinto Fabio Memio Símaco (en latín: Quintus Fabius Memmius Symmachus) nado polo 383 ou 384 e finado no 402, foi un maxistrado e político do Imperio romano, membro da influente familia dos Símaco.
Traxectoria Era fillo do orador e político Quinto Aurelio Símaco e Rusticiana. Memio tiña unha irmá máis vella, Gala, quen casou con Nicómaco Flaviano, fillo de Virio Nicómaco Flaviano. Cando contaba con dez anos converteuse en cuestor, celebrando os xogos públicos relacionados co seu cargo en decembro de 393. Memio tivo unha boa educación e estudou a lingua grega; o seu pai aprobou o seu estilo de escritura de cartas e, no 401, estudou cun retórico galo como titor.
O ano 401 marcou varios acontecementos importantes na vida de Memio: casou coa sobriña de Virio Nicomaco Flaviano; tamén realizou os xogos relacionados co segundo chanzo no seu cursus honorum, o cargo de pretor (estes xogos había ser no 400 mais aprazáronse para permitir que Aurelio Símaco estivese presente e custaron 2.000 libras de ouro).
Probablemente foi Memio quen, pertencente a unha familia que practicaba a antiga relixión romana, construíu un templo dedicado á Flora en Roma. Tamén é autor dunha inscrición dedicatoria en homenaxe ao seu sogro Flaviano.CIL (Corpus Inscriptionum Latinarum, VI) 1782 Despois da morte do seu pai, Memio editou parte da súa correspondencia (cousa que o propio pai comezara a facer).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Finados en 402 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Nobres romanos