Carl Eduard Adolph Gerstäcker, tamén coñecido como Carl Eduard Adolf Gerstaecker e Karl Eduard Adolf Gerstaercker, nado en Berlín o 30 de agosto de 1828, e finado en Greifswald, Pomerania Occidental, foi un zoólogo alemán especializado en entomoloxía.

Traxectoria Carl Eduard Adolph Gerstäcker naceu en Berlín, onde estudou Medicina e Ciencias Naturais, doutorándose en 1855. En 1856 obtivo a súa habilitación como zoólogo e pouco despois foi nomeado conservador do Museo Zoolóxico da Universidade Humboldt de Berlín. En 1864 comezou a traballar como conferenciante no Landwirtschaftlichen Lehranstalt (Institución Agraria para a Educación) en Berlín. En 1874 foi nomeado profesor asociado de zooloxía na Universidade Humboldt e, en 1876, profesor de zooloxía na Universidade de Greifswald.Gerstaecker, Carl Eduard Adolph En: Neue Deutsche Biographie (NDB). Volume 6, 1964. Berlin: Duncker & Humblot. ISBN 3-4280-0187-7, p. 323.

Obras destacadas Monographie der Endomychiden (1858). Handbuch der Zoologie (con Wilhelm Peters e Julius Victor Carus), Leipzig (1863-1875).

"Arthropoda", en Klassen und Ordnungen des Thierreichs (1866–1893). Beitrag zur Insekten-Fauna von Zanzibar. Parts -3. (1866). Das Skelet des Döglings Hyperoodon Rostratus (Pont.) Ein Beitrag zur Osteologie der Cetaceen und zur vergleichenden Morphologie der Wirbelsäule, (1887).HathiTrust Digital Library.

Abreviatura A abreviatura Gerstäcker emprégase para recoñcer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Wilhelm Heß: "Gerstaecker, Karl Eduard Adolf". En: Allgemeine Deutsche Biographie (ADB). Volume 49. Leipzig, 1904, Duncker & Humblot, p. 678. Lothar Kämpfe (2013): "Gerstaecker, Adolph (1828–1895)". En: Dirk Alvermann, Nils Jörn (ed.): Biographisches Lexikon für Pommern. Volume 1. Köln/Weimar/Wien: Böhlau Verlag. ISBN 978-3-4122-0936-0, pp. 90–92. Georg Uschmann (1964): "Gerstaecker, Carl Eduard Adolph". En: Neue Deutsche Biographie (NDB). Volume 6. Berlin: Duncker & Humblot. ISBN 3-4280-0187-7, p. 323 (Dixitalizada).

Ligazóns externas Lista completa das publicacións deste autor. Adolph Gerstaecker en Ernst Moritz Arndt Universität Greifswald.

Categoría:Científicos de Alemaña Categoría:Entomólogos de Alemaña Categoría:Alumnos da Universidade Humboldt de Berlín Categoría:Profesores da Universidade Humboldt de Berlín Categoría:Nados en 1828 Categoría:Nados en Berlín Categoría:Finados en 1828