Dom za vešanje, traducido literalmente do serbio como "Casa colgante", e coñecido internacionalmente en inglés como Time of the Gypsies (O tempo dos xitanos), é un filme iugoslavo dirixido por Emir Kusturica, polo que recibiu o premio ao Mellor Director no Festival de Cannes. A película céntrase na vida de Perhan, interpretado por Davor Dujmović, un adolescente xitano con poderes telecinéticos.
A banda sonora foi composta por Goran Bregović e consiste en gran parte en versións de composicións populares xitanas. A canción "Ederlezi" aparece en numerosas escenas da película, incluída a máis espectacular, na que os xitanos celebran o día de San Xurxo. Gran parte do elenco da obra é de etnia xitana.
Argumento Perhan vive no sur de Iugoslavia coa súa devota avoa Hatidža (Ljubica Adžović), o seu tolo tío Merdžan e a súa irmá Danira, que padece osteomielite. Perhan está namorado de Azra (Silonicka Trpkova), pero a nai desta desprézao pola súa pobreza e por ser fillo bastardo dun esloveno non xitano. Un día chega Ahmed (Bora Todorovic), un xitano que fixo fortuna en Italia e que solicita os poderes máxicos de Hatidža para curar ao seu fillo. A cambio, Ahmed levará a Danira a Liubliana, para ser curada da súa enfermidade. Perhan acompañaraa. Despois de deixar a Danira no hospital, Ahmed leva a Perhan a Milán, onde este descobre os turbios negocios de Ahmed.
Elenco Davor Dujmović como Perhan. Bora Todorović como Ahmed. Ljubica Adžović como Hatidža (avoa). Sinolička Trpkova como Azra. Husnija Hasimović como Merdžan (tío). Elvira Sali como Danira. Zabit Memedov como Zabit. Suada Karišik como Džamila. Sedrije Halim como Ruza, nai de Azra.
Versións Aínda que a versión que se distribuíu durante a súa estrea en cines ten unha duración de 142 minutos, a versión orixinal completa para a televisión iugoslava ten uns 300 minutos de duración.
Premios No Festival de Cannes de 1989, Emir Kusturica gañou o premio ao mellor director, e a película foi tamén nomeada á Palma de Ouro. Na 26ª edición dos premios Guldbagge en Suecia, Dom za vešanje gañou o premio á mellor película estranxeira. Ademais, foi nomeada á mellor película estranxeira nos premios César de 1990 en Francia.
AnoCerimoniaCategoríaGalardoadoResultado1989Festival de Cannes de 1989Mellor directorEmir KusturicaGañador
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Iugoslavia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 62ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Categoría:Filmes de Iugoslavia Categoría:Filmes ambientados en Milán Categoría:Filmes rodados en Italia Categoría:Filmes en lingua romaní Categoría:Filmes en lingua serbocroata Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes de 1988 Categoría:Filmes dirixidos por Emir Kusturica Categoría:Filmes de Columbia Pictures