Horizontes distantes (en ) é un filme estadounidense de 1952 dirixido por Anthony Mann e protagonizado por James Stewart, Arthur Kennedy, Julie Adams e Rock Hudson. Baséase na novela de 1950 Bend of the Snake de Bill Gulick, e conta a historia dun vaqueiro que arrisca a súa vida para entregar subministracións confiscadas aos campesiños despois de que se descubrise ouro na rexión. Horizontes distantes foi rodado en Sandy River, Mount Hood, no río Columbia e en Timberline, Oregón. É o segundo wéstern no que colaboraron Anthony Mann e James Stewart.
Estreouse en galego o 21 de xullo de 2020 na tvG2.
Personaxes
James Stewart como Glyn McLyntock Voz da dobraxe galega de Tacho González. Arthur Kennedy como Emerson Cole Julie Adams como Laura Baile Rock Hudson como Trey Wilson Lori Nelson como Marjie Baile Jay C. Flippen como Jeremy Baile Voz da dobraxe galega de Antonio Mourelos. Howard Petrie como Tom Hendricks Chubby Johnson como Capitán Mello Stepin Fetchit como Adam Harry Morgan como Shorty Jack Lambert como Red Royal Dano como Long Tom Frances Bavier como Mrs. Prentiss Frank Ferguson como Tom Grundy
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 1952 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Anthony Mann Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes ambientados en 1866 Categoría:Filmes rodados en Oregón Categoría:Filmes de 1952 con versión en galego