Pío Cabanillas Gallas, nado o 13 de novembro de 1923 en Pontevedra e finado o 10 de outubro de 1991 en Madrid, foi un político galego.

Traxectoria Fillo de Manuel Cabanillas Pérez (fillo de José Cabanillas Rodríguez e Peregrina Pérez) e Laura Gallas Novas, estudou Dereito na Universidade de Granada. Doutor en Dereito (con premio extraordinario), notario, rexistrador da propiedade e letrado do Estado.

Nomeado procurador en Cortes en 1961 foi secretario no Ministerio de Información e Turismo con Manuel Fraga. Nomeado Ministro de Información e Turismo con Carlos Arias Navarro (1974) tentou ampliar a liberdade de prensa polo que foi destituído do seu posto por Francisco Franco.

Foi un dos impulsores do Partido Liberal. Xunto a José Antonio Segurado foi un dos homes fortes da UCD en Galicia, grazas ó apoio de Euloxio Gómez Franqueira. Foi deputado no Congreso dos Deputados desde 1977 ata 1989 (desde 1987 co CDS), Ministro de Cultura e Benestar (1977-1979), Ministro adxunto ó Presidente (1980-1981), Ministro da Presidencia (1981) e Ministro de Xustiza (1981-1982). En 1989 entrou no Partido Popular e foi deputado no Parlamento Europeo (1989-1991).

Estivo embarcado no DC-8 que sufriu o accidente da Lavacolla en 1978.

O seu fillo, Pío Cabanillas Alonso, foi Ministro Voceiro do Goberno (2000-2002) durante parte do mandato de José María Aznar.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Ligazóns externas Información de Pío Cabanillas no Congreso dos Deputados Información de Pío Cabanillas no Parlamento Europeo

Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Ministros do franquismo Categoría:Ministros da Presidencia de España Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados pola UCD Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Ourense Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 1991 Categoría:Europarlamentarios de Galicia Categoría:Europarlamentarios do PPE Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Políticos de UCD Categoría:Europarlamentarios de España (1984-1989) Categoría:Europarlamentarios de España (1989-1994) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (Lexislatura constituínte) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (I Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (II Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (III Lexislatura) Categoría:Ministros de Xustiza de España Categoría:Ministros do Goberno de España da I Lexislatura