The Iron Horse é un filme estadounidense de 1924 dirixido por John Ford e producido por Fox Film. Foi un fito importante na carreira de Ford, e a súa conexión de por vida co xénero de filmes do oeste. Foi a primeira longametraxe importante de Ford, en parte porque a produción planificada apresuradamente superou o orzamento, xa que Fox estaba respondendo axiña ó éxito do wéstern doutro estudio. En 2011, o filme foi considerado "cultural, histórica ou esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e foi escollido para a súa preservación no National Film Registry. miniatura|dereita|The Iron Horse (filme completo).
Personaxes George O'Brien como Davy Brandon Madge Bellamy como Miriam Marsh Charles Edward Bull como Abraham Lincoln Cyril Chadwick como Peter Jesson Will Walling como Thomas Marsh Francis Powers como Sarxento Slattery J. Farrell MacDonald como Cabo Casey Jim Welch como soldado Schultz / Mackay (acreditado como James Welch) George Waggner como Coronel William F. 'Buffalo Bill' Cody Fred Kohler como Deroux / Bauman James A. Marcus como xuíz Haller (acreaditado como James Marcus) Gladys Hulette como Ruby Chief John Big Tree como xefe cheyenne (sen acreditar)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1924 Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por John Ford Categoría:Filmes preservados no National Film Registry