miniatura|O bispo Isidoro, autor de Historia de regibus Gothorum, Vandalorum et Suevorum A Historia de regibus Gothorum, Vandalorum e Suevorum (Historia dos reis dos godos, vándalos e suevos) é a historia dos godos, entre 265 e 624, escrita en latín por Isidoro de Sevilla. É unha relato moi condensado e, por mor da diversidade de fontes, ás veces, resulta moi contraditorio e mesmo, demasiado literario.Merrill (2005), p. 179 Tras narra-la historia dos godos, continúa coa dos vándalos e, finalmente, cun relato separado referido á historia dos suevos. Fontes Como fontes da súa obra, a principal foi a obra de Xerome de Estridón, que é continuación da de Eusebio de Cesarea no ano 378. A partir desa data, empregou principalmente a obra de Paulo Orosio (ata 417) e, para Hispania, a de Hidacio de Chaves (ata 469). Para a historia posterior, baseouse en Próspero de Tiro, continuador da obra de Xerome de Estridón entre o 405 e o 453, e en Víctor de Tunnuna, como principal testemuño para os anos 444 e 566 en África, e en Xoán Biclarense para a historia hispánica recente (565-590). Isidoro tamén usou unha crónica, parcialmente perdida, de Máximo de Zaragoza. Para os acontecementos en Hispania entre 590 e 624, Isidoro segue a se-la principal fonte para os historiadores actuais.
Características Isidoro comezou a súa historia cun prólogo, "Laus Spaniae",Para unha análise da "Laus Spaniae", véxase a obra de Merrill (2005), pp. 185-196 celebrando as cualidades de Hispania. Empregou a expresión "mater Spania" (nai Hispania). No resto da obra elaborou e defendeu a identidade gótica da Hispania unificada. Tamén, Isidoro utilizou a era hispánica para as súas citas.
A Historia compúxose en dúas versións, que se conservan. A primeira, probablemente escrita en 619, o ano da morte do rei Sisebuto, é a máis curta. A versión máis desenvolvida completouse probablemente no 624, o quinto ano do reinado de Suintila. Só a versión máis longa contén o "Laus Spaniae" e o "Laus Gothorum", unha loanza dos godos, que separa a historia dos godos (ata o reinado de Suintila) da dos vándalos.
Da edición máis longa, a versión que serve de referencia é a realizada por Theodor Mommsen, que tamén, serviu de base para a súa primeira tradución ao inglés. Tamén existe unha tradución ao alemán.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Isidorus Hispalensis. Historia de regibus Gothorum, Vandalorum et Suevorum. (en latín). Edición de Jacques-Paul Migne (1844-1855). Patrologia Latina. París: Migne. Vol. 83.
Categoría:Historia de España do século VI Categoría:Crónicas medievais de España Categoría:Literatura en lingua latina Categoría:Historiografía