Benxamín Casal Vila, nado o 12 de xaneiro de 1935 en Lugo e finado o 30 de agosto de 2013 na mesma cidade, foi un intelectual, escritor, economista e político galego.
Traxectoria Licenciado (1962) e doutorado (1967) en Enxeñería Agrónoma pola Universidade de Madrid. En 1970 acadou tamén a licenciatura en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor na Escola de Enxeñería Técnica Agrícola de Lugo (1968-1972) e na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Agrónomos de Lugo (1988). Membro do grupo Brais Pinto, foi conselleiro de Enerxía e Industria (1978-79) da Xunta preautonómica e deputado no Parlamento de Galicia (1981-1985) como galeguista histórico polo PSdeG.
Foi vicepresidente e posteriormente presidente da Editorial Galaxia, así como director da Gran Enciclopedia Galega entre 2003 e o seu falecemento en 2013. Escribiu artigos na Revista Galega de Estudios Agrarios, Desarrollo Agrícola, El Progreso, La Voz de Galicia e El Ideal Gallego.
Familia Benxamín Casal é o pai de Pilar Casal Valiño. miniatura|175px|A Galicia Campesina, BBdCG.
Obra A incidencia en Galicia do Plan Enerxético Nacional (1978, Xunta de Galicia). Achegamento á Minería Galega (1979, Xunta de Galicia). A Terra Cha luguesa. Estudio da súa realidade agraria (1984, Seminario de Estudos Galegos). A Galicia campesina (1984, Biblioteca Básica da Cultura Galega) O campo galego (1992, Biblioteca 114, El Correo Galego). Tradutor de Galicia: Ensaio xeográfico de análise e interpretación dun vello complexo agrario, 2 vols. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia. Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria-Caixanova. 2001, 1407 páxs (ISBN 84 4532 7690) de Abel Bouhier.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha biogràfica en www.galegos.info 20px Capítulo 397: Gran Enciclopedia Galega de Ben falado, programa da TVG, 28/12/2012.
Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Editores de Galicia Categoría:Nados en Lugo Categoría:Finados en 2013 Categoría:Nados en 1935 Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Editorial Galaxia Categoría:Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes