Dólar Gobrecht280x280pxLiberdade sedente. Data no exergo.Aguia calva erguendo o voo. Lenda: UNITED STATES OF AMERICA · ONE DOLLAR. Valor: 1 dólar. Autor: Christian Gobrecht (sobre deseños de Sully e Peale). Data do deseño: 1836. Datas de emisión: 1836 a 1839. Ceca: Casa da Moeda dos Estados Unidos (ceca de Filadelfia). Aliaxe: prata (90 %) e cobre (10 %). Diámetro: de 39 a 40 mm. Grosor: 2,00 mm. Peso: de 26,73 g a 26,92 g. Canto: estriado.
O dólar Gobrecht foi a primeira moeda de prata con valor facial dun dólar emitida para a súa circulación pola Casa da Moeda dos Estados Unidos, logo do cesamento da emisión deste valor en 1806. Esta moeda cuñouse en pequenas tiraxes entre 1836 e 1839 para determinar se a reintrodución do dólar de prata tería un bo acollemento por parte da poboación.Garret, J. (2020) ."Gobrecht Dollars (1836-1839)". Numismatic Guaranty Corporation.
En 1835, coa renuncia do director da Casa da Moeda dos EEUU, Samuel Moore, asumiu o cargo Robert Maskell Patterson, quen axiña planeou o redeseño das moedas nacionais. Logo do ictus sufrido ese mesmo ano polo gravador xefe da ceca, William Kneass, contratouse a Christian Gobrecht como gravador. O 1 de agosto, Patterson escribiulle unha carta ao artista de Filadelfia Thomas Sully, na que lle expuña o seu proxecto para unha nova moeda dun dólar, e tamén lle pediu ao debuxante naturalista Titian Peale que deseñase a moeda. Sully propuxo un deseño do anverso que amosaba unha representación da Liberdade sedente e Peale encargouse do reverso, que representaba unha aguia erguendo o voo. Logo de creados os deseños e realizadas as correspondentes probas, Gobrecht púxose a traballar na redefinición dos deseños propostos e na produción dos cuños, que comezou en setembro de 1836.
Despois da posta en circulación dunha pequena tiraxe, a Casa da Moeda recibiu queixas sobre o lugar prominente do nome de Gobrecht, o gravador, no dólar, e o deseño modificouse para incorporar o seu nome nunha posición menos visible. En xaneiro de 1837, o padrón legal para a porcentaxe de metal precioso en moedas de prata cambiouse de 89,2 % a 90 %, e os dólares Gobrecht cuñados despois desta variación reflectiron a nova proporción. En total, cuñáronse 1.900 dólares Gobrecht durante esta etapa de produción oficial, aínda que na década de 1850 os funcionarios da ceca volveron cuñar esta moeda sen autorización.
A cuñaxe dos novos dólares da serie coñecida como "liberdade sedente", que utilizaba o mesmo deseño do anverso que o dólar Gobrecht, comezou a producirse en 1840.
Antecedentes
Dólar de 1804
esquerda|miniatura|263x263px|Exemplar do dólar de 1804."1 Dollar "Draped Bust Dollar" Heraldic eagle". Numista.com
Os primeiros dólares de prata cuñados pola US Mint emitíronse en 1794. En 1804, a ceca estadounidense finalizou extraoficialmente a produción de dólares de prata, xa que moitas das moedas cuñadas acabaran por exportarse, dado o seu contido de prata, a Asia Oriental, especialmente a Cantón, na China.Julian, R. W. (1993). Páxinas 431-432. En 1806, o daquela secretario de Estado, James Madison, emitiu unha orde para deter oficialmente a cuñaxe das moedas.Julian, R. W. (1993). Páxina 431. En 1831, o presidente do país, Andrew Jackson, permitiu novamente a produción de moedas dun dólar de prata por petición do director da Casa da Moeda, Samuel Moore, que percibira a chegada aos EEUU dunha importante remesa de reais de oito españois procedentes de Cantón.Julian, R. W. (1993). Páxina 432.Brothers, E. (2016). "The King Among Rarities: A Brief History of the United States 1804 Dollar". En Coin Week. 12 de setembro.
Non se tomaron máis medidas ata o verán de 1834, cando os altos funcionarios suxeriron que se preparasen diversos xogos de moedas con acabamento especial (proof) como agasallo para os dignatarios asiáticos. Logo de examinar os rexistros da Casa da Moeda, o persoal concluíu erroneamente que os derradeiros dólares cuñados do tipo "busto drapeado" estaban datados en 1804, polo que elixiron esa data para as moedas.Julian, R. W. (1993). Páxina 433. Descoñécese por que non se utilizou a data real, mais o historiador numismático R. W. Julian suxire que as moedas tiveron datas anteriores para evitar que os coleccionistas se molestasen ao non poderen obter moedas acabadas de datar, as cales se cuñaron en cantidades moi pequenas. Ignórase a cantidade exacta de dólares de 1804 cuñados, aínda que se coñece a existencia actual de oito exemplares.
Deseño esquerda|miniatura|225x225px|Christian Gobrecht, autor do dólar Gobrecht. miniatura|188x188px|Deseño da "Liberdade sedente" de Thomas Sully, que foi tomado para o anverso do dólar Gobrecht. miniatura|194x194px|Esbozo de Gobrecht para o anverso do seu dólar. miniatura|180x180px|Esbozo de Gobrecht para o reverso do seu dólar.
Un ano máis tarde, en 1835, na Casa da Moeda comezaron os preparativos para unha serie de moedas dun dólar de prata que, de xeito diferente ao dólar de 1804, estaban destinadas a entrar en circulación, aínda que en pequenas cantidades, co propósito de determinar se serían ben recibidas pola poboación. En xuño de 1835, Moore renunciou ao seu posto como director da ceca e foi substituído por Robert M. Patterson.Julian, R. W. (1993). Páxina 495. Pouco despois, Patterson tomou contacto con dous coñecidos artistas de Filadelfia, Titian Peale e Thomas Sully, para lles encargar un deseño que debía ser usado na maior parte das moedas estadounidenses en produción.Julian, R. W. (1993). Páxina 496.
O daquela gravador xefe da Casa da Moeda, William Kneass, preparou un esbozo baseado na idea que Patterson lle transmitira, mais ao pouco tempo sufriu un accidente cerebrovascular que o deixou parcialmente incapacitado.Taxay, Don (1983). Páxina 171. Como consecuencia deste impedimento, o Goberno aprobou a solicitude urxente de Patterson de que se contratase axiña o medallista de Filadelfia Christian Gobrecht, para exercer as funcións de gravador das que non se podía ocupar Kneass.
Patterson propuxo nunha carta datada o 1 de agosto de 1835 que Sully crease unha figura da Liberdade para o anverso, e suxeriu que a figura estivese "nunha postura sentada, por exemplo, sobre unha rocha". Tamén suxeriu que a figura debería soster na súa man dereita un píleo sobre un poste, a modo de "emblema da liberdade".Julian, R. W. (1993). Páxina 499. O historiador numismático Don Taxay sinalou a similitude entre o concepto da Liberdade sedente de Patterson e os deseños que xa se utilizaban nas moedas de cobre británicas: "A Liberdade xurdiu como unha Britania renovada; o seu tridente foi substituído por un bastón e un píleo". Na mesma carta, Patterson tamén informou a Sully da súa idea para o reverso, que Peale levou a cabo: "Propoño unha aguia voando, e erguéndose en voo en medio dunha constelación, irregularmente espallada, de 24 estrelas [representa o número dos estados que daquela conformaban a Unión], e levando nas súas gadoupas un pergameo coas palabras E pluribus unum".
Patterson prefería unha aguia en voo porque cría que a aguia heráldica comunmente utilizada nas moedas estadounidenses era unha "simple criatura imaxinaria", e que non resultaba atractiva como deseño. Consonte unha historia popular, a aguia voadora que se ve no dólar de Gobrecht está inspirada en Peter, a aguia mascota da Casa da Moeda, que se disecou logo da súa morte ao quedar atrapada nunha prensa de cuñaxe, e que aínda hoxe permanece en exhibición nas instalacións da ceca en Filadelfia.Lange, D. W. (2006). Páxina 46.
En setembro de 1835, Thomas Sully recibiu de Patterson un conxunto de moedas e medallas británicas para que lle servisen de inspiración en tanto que creaba o deseño da Liberdade sedente. A principios de outubro, Sully envioulle a Patterson tres esbozos en borrador que lle foron entregados a Gobrecht, quen pola súa vez se dispuxo a realizar un gravado en cobre do deseño. Gobrecht completou o gravado o 14 de outubro e Patterson presentou as impresións creadas a partir deste a varios altos funcionarios do Goberno co fin de obter a súa aprobación. O presidente Jackson, o secretario do Tesouro, Levi Woodbury, e o resto do gabinete aprobaron o deseño.Julian, R. W. (1993). Páxina 498.
O 17 de outubro de 1835, mentres Jackson e o seu gabinete estaban a revisar o deseño, Woodbury escribiulle a Patterson outorgando o permiso para continuar coa creación de matrices para as novas moedas baseadas nas impresións realizadas. En xaneiro de 1836 leváronse a cabo probas en metal brando e estas pezas distribuíronse despois entre a poboación para recibir suxestións. Patterson autorizou logo a produción dun cuño do anverso en aceiro, mentres que o reverso aínda non se puido crear porque Peale tiña pendente completar o seu deseño a satisfacción de Patterson. En tanto que Peale continuaba con este labor, Gobrecht comezou xa a traballar no deseño dun dólar de ouro, que ocupou gran parte do seu tempo. O 9 de abril, Patterson escribiulle unha carta ao secretario do Tesouro na que incluía varios dos debuxos de Peale. Patterson considerou un dos deseños como o mellor creado ata a data.Julian, R. W. (1993). Páxina 502. Malia a aprobación do deseño por parte do director, indicoulle a Peale que continuase ata que Patterson estivese satisfeito. Evidentemente, isto logrouse, porque Patterson fixo que Gobrecht comezase a traballar nunha matriz inversa en xuño. En agosto, Patterson envioulle a cuñaxe dunha cara da matriz inversa ao presidente Jackson, quen aprobou os deseños de ambas as caras da moeda.Julian, R. W. (1993). Páxina 503.
Produción esquerda|miniatura|216x216px|Posición do nome do gravador en dous exemplares do dólar Gobrecht.
En setembro de 1836, o xefe de cuñaxe, Adam Eckfeldt, comezou o gravado dos cuños que se utilizarían para cuñar as moedas. No entanto, antes de que comezase a produción, Patterson ordenou que o nome de Gobrecht aparecese inscrito no dólar, e deste xeito incluíuse o texto C. GOBRECHT F (abreviatura de Christian Gobrecht Fecit: "Fíxoo Christian Gobrecht"). O dólar de Gobrecht foi cuñado por primeira vez pola Ceca de Filadelfia en decembro de 1836,Taxay, Don (1983). Páxina 172. e inicialmente producíronse e distribuíronse varias unidades por toda a cidade. Malia a positiva recepción do deseño en xeral, moitos usuarios criticaron a rechamante presenza do nome do gravador na moeda, e mesmo o propio Gobrecht solicitou que este texto se eliminase por completo do anverso; porén, o gravador recibiu instrucións de Patterson non para eliminalo senón para diminuír o seu tamaño e cambiar a súa situación, para non resultar tan destacado.Adams, E. H.; Woodin, W. H. (1913). Páxina 9-10."1836 Gobrecht Dollars: All Varieties. Early Silver Dollars". En USA Coin Book.
Cando comezou a produción en serie, a aguia do reverso estaba rodeada por 26 estrelas en lugar das 24 que Patterson lle solicitara orixinalmente a Sully, para reflectir que os estados de Arcansas e de Míchigan foran admitidos como novos membros da Unión. Algúns dos dólares de Gobrecht emitiron co aliñamento característico das medallas, o que implica que as imaxes do anverso e do reverso estean orientadas cara a arriba cando se xira a moeda arredor do seu eixe vertical. Para a produción de 1837 —que mantivo a data de 1836— Patterson ordenou que as moedas se cuñasen co aliñamento característico das moedas (coincidindo co xiro sobre o eixe horizontal).Julian, R. W. (1993). Páxina 504.