Steven Lee Smith, nado en Phoenix, Arizona, o 30 de decembro de 1958, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-68, STS-103, STS-82 e STS-110.

Traxectoria Smith graduouse en enxeñaría eléctrica pola Universidade Stanford en 1981 e é máster na mesma materia pola mesma universidade en 1982. É máster tamén en administración de empresas pola Universidade Stanford en 1987.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en marzo de 1992, participando nas misións STS-68, STS-103, STS-82 e STS-110 e pasando un total de 40,01 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-68 STS-103 STS-82 STS-110

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en Arizona