Os Xogos Olímpicos de 1948, coñecidos oficialmente como Xogos da XIV Olimpíada, foron realizados por segunda vez en Londres do 29 de xullo ó 14 de agosto daquel ano. Así como os Xogos Olímpicos de 1920 se realizaran en Anveres como homenaxe do Comité Olímpico Internacional ó sufrimento do pobo belga durante a primeira guerra mundial, Londres tivo a honra de celebrar os xogos por segunda vez en virtude do martirio que a cidade sufrira durante a guerra, especialmente cos bombardeos perpetrados pola forza aérea nazi durante o período de 1940-41, que devastaron a capital inglesa.

Despois de seis anos dun conflito con millóns de vítimas e un custo financeiro imposible de calcular, Europa, e polo tanto Gran Bretaña estaban arrasadas economicamente, o que tornou extremadamente ardua a tarefa de organizar os Xogos. De calquera modo, os organizadores conseguiron facer un evento digno, restaurando o famoso Estadio de Wembley para servir como palco central dos Xogos Olímpicos, que contou coa participación de 59 estados, coa presenza de 4.104 atletas, 370 deles mulleres, en 17 modalidades e foron abertos polo Rei Xurxo VI en persoa.

Modalidades disputadas miniatura|240px|Participantes Atletismo Baloncesto Boxeo Piragüismo Ciclismo Esgrima Fútbol Ximnasia Halterofilia Hípica Hóckey sobre herba Loita Natación Péntatlon moderno Wáter-polo Remo Saltos de trampolín Tiro Vela

Cadro de medallas

Cadro de medallas 50px Posición País   Gold     Silver     Bronze   Total 1 20px Estados Unidos38271984 2 16111744 3 1061329 4 1051227 5 811827 6 87520 7 64212 8 62311 9 510520 10 57820

Notas

Véxase tamén Lista de Xogos Olímpicos da era moderna

Categoría:Deporte en 1948 Categoría:Xogos Olímpicos