Os Novos, Os Renovadores, ou o Movemento Renovador, foi un grupo de artistas galegos que quixeron renovar as formas plásticas da arte galega na primeira parte do século XX, en especial a partir da década de 1920. Esa 'renovación' caracterizouse pola integración progresiva de novas formas e técnicas pictóricas, escultóricas, escenográficas etc. derivadas das vangardas europeas, buscando modernizar a expresión artística sen romper radicalmente coa tradición e a identidade cultural galega. Este movemento non buscaba unha ruptura completa, como si procuraban algunhas vangardas, senón máis ben unha evolución que ao mesmo tempo respectase e revalorizase os fundamentos da arte galega desde as súas orixes.
Membros Sendo un movemento amplo e diverso, que respondía máis a un momento da arte galega que a un grupo delimitado (por exemplo os adscritos a un manifesto concreto das vangardas), o grupo varía segundo o período e os criterios empregados. Xeralmente considéranse membros a Carlos Maside, Arturo Souto, Manuel Colmeiro, Luis Seoane, Xosé Eiroa, Fernández Mazas, Manuel Torres e Xosé Otero Abeledo "Laxeiro", entre outros.
Ás veces inclúese a José Frau, que ten obra en coleccións de arte galega (Afundación, Museo Provincial de Pontevedra, Museo de Belas Artes da Coruña e Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside) ao nacer en Vigo, pero marchou de Galiza aos tres anos; Picasso pasou cinco anos na Coruña, nos que recibiu formación artística, pintou e fixo a súa primeira exposición, e aínda que non é incluído no grupo dos Renovadores, a súa etapa galega foi moi importante na súa obra posterior. Tamén se adoita incluír a Virxilio Blanco, que marchou a Cuba moi novo pero mantivo vínculos con artistas galegos e formouse nas aulas do Centro Galego da Habana. Polo apoio e influencia que tiveron sobre eles, tamén se soe incluír a Castelao, Camilo Díaz Baliño ou o escultor Francisco Asorey, dado que tamén impulsaron esa renovación.
Seguindo distintos criterios artísticos, formais ou cronolóxicos hai moitos máis artistas incluídos baixo a mesma denominación, como Urbano Lugrís, os irmáns Mario e Eugenio Granell, Maruxa Mallo e seu irmán Cristino, ou artistas uns anos posteriores como María Antonia Dans, alumna de Lolita Díaz Baliño (ilustradora e primeira muller membro da Real Academia Galega de Belas Artes, xunto a María Corredoira) con Elena Gago; ou Ánxel Johán, Andrés Colombo, Francisco Miguel, Ochoa, Luís Huici, Álvaro Cebreiro, Pesqueira, Jesús Concheiro, Bonome etc.
Caso a considerar á parte sería Isaac Díaz Pardo, que logo do asasinato do seu pai Camilo Díaz, continuou o legado da súa ampla familia de artistas da xeración anterior á súa, e renovou as formas do deseño e a cerámica xunto á súa muller Carmen Arias, a Luís Seoane e ao arquitecto Andrés Fernández Albalat, a pesar de que deixou de pintar nos anos 70 e afirmou que o facía "porque non quedaba outra, había que tirar para adiante".
Os antecedentes
Os esforzos por manter a dignidade da cultura galega en todas as súas dimensións foron continuos desde os Séculos Escuros, tanto no terreo das artes (por exemplo no agromar do barroco compostelán), o científico e didáctico (con Martín Sarmiento e Benito Xerónimo Feijoo), como no literario, con achados recentes que mostran que non foi un tempo totalmente ermo.
No século XIX as procuras a prol da cultura galega intensificáronse, e varios acontecementos levaron a que na segunda metade se producise un movemento de Rexurdimento literario, especialmente na poesía. Na plástica, en particular na pintura, a finais dese século e principios do XX hai entre os artistas galegos unha afinidade co paisaxismo romántico e postimpresionista de influencia cezannista. Entre eles hai un sentimento rexionalista de reivindicación das paisaxes galegas, e comparten unha crítica, verbalizada por Valle-Inclán, dunha certa xerarquía estética que primaba o eixo Madrid-Valencia. Neses anos varios dos artistas máis prometedores falecen sendo mozos e fálase dunha xeración doente. miniatura|O divino sainete, de Curros Enríquez, con portada de Manuel Ángel Álvarez. En PDF.
As vangardas En Europa, a principios de século e no período de entre-guerras aparecen as vangardas con forza. Os artistas do Estado español que participan deses movementos fano principalmente no estranxeiro, pasando de Cataluña especialmente a Francia (Picasso, Juan Gris, Miró, Dalí...). En Galiza, o grupo Nós pretende dignificar e conectar a cultura galega coa europea e fai unha primeira achega ás vangardas, e nos anos 20 xorde a xeración do 25, a gran renovadora da poesía e do teatro galegos, continuando co labor modernizador da literatura galega da xeración anterior. Aínda así, pese a que incorporan elementos vangardistas, non foi un movemento de ruptura total coa tradición; de xeito análogo, os artistas plásticos galegos nacidos na primeira década do século non rompen cos artistas algo maiores ca eles, como Díaz Baliño, Castelao ou o escultor Francisco Asorey, e á súa vez eles tampouco pretenden romper coa tradición galega senón valorala, democratizala e renovala. Tanto os escritores como os artistas plásticos, xúntanse en torno a El Pueblo Gallego, que empeza a publicar obra gráfica e escritos en castelán e en galego.
miniatura|Capa de Camilo Díaz da revista El Pueblo Gallego
En 1921 a Junta para Ampliación de Estudios, presidida por Santiago Ramón y Cajal, concédelle a Castelao unha bolsa para coñecer as vangardas. Pasa dez meses viaxando por Francia, Bélxica e Alemaña, e un ano despois publica fragmentos do seu diario de viaxe na Revista «Nós» (a publicación íntegra só se fixo 20 anos despois do seu pasamento, e consta de 314 páxinas con debuxos e recortes).
Nel escribe o 24 de abril:
Para el a arte ten que ser universal e cosmopolita, pero ligada ao pobo e á cultura nai. A medida que entra en contacto coa arte de vangarda centroeuropea fai apuntamentos ás veces descualificadores. De Picasso, que logo da súa etapa de formación na Coruña e Barcelona estaba en París desenvolvendo o cubismo, di Castelao: «Paréceme un farsante (...) téñoo por pouco máis que un amateur da arte» (páx. 97-98), aínda que logo reconsidera a súa opinión e afirma que era culto, intelixente e «un gran negociante catalán». Está interesado nas filosofías de vangarda pero non tanto na súa concreción plástica, e prefire as vangardas rusas por estar conectadas co pobo. Xa de volta en Galiza publica un ensaio sobre o cubismo, no que se mostra interesado pola súa estrutura do cadro e do real, di que as vangardas poden ser “tolerías, pero non parvadas”, e cartéase co seu paisano de Rianxo, o poeta Manuel Antonio,
Castelao trata de renovar a arte galega liberándoa de formalismos alleos que a encorsetaban, e procura nas raíces a identidade:
Manuel Antonio mostra conformidade pero responde:
miniatura|page=3|Poemario De catro a catro, en PDF. Nunha das súas edicións foi ilustrado por Carlos Maside
Carlos Maside foi outro dos membros dos Novos que máis viaxou, tivo bolsas para formarse en París e Madrid, e parte da súa obra foi seleccionada xunto á de Maruxa Mallo, Arturo Souto, e outros pintores para ser exposta en diversas capitais dos Estados Unidos polo Carnegie Institute como novos pintores españois. En París séntese atraído pola obra dos impresionistas Gaugin e Van Gogh, que inflúen na súa obra ademais dos cubistas, o realismo máxico e o expresionismo, e polos escritos do profesor da Bauhaus Wassily Kandinsky. Alén da pintura fixo outra obra gráfica como varios carteis, incluíndo para a campaña do Estatuto. Foi pioneiro na formación da Colección de Arte Contemporánea para o Seminario de Estudos Galegos, e proponlle ao Concello de Santiago a creación dunha Biblioteca de Arte no Pavillón do Paseo da Ferradura. Ao revés que os artistas que emigraron, el formou parte do exilio interior. En Vigo forxou amizade con artistas algo mais novos ca el, coma o seu sobriño Xulio Maside ou Laxeiro, coetáneos da xeración literaria das Festas Minervais e algo mais novos que a Promoción de enlace.
Manuel Colmeiro Guimarás foi outro membro do grupo dos Novos que viaxou continuamente, cousa que complementou a súa formación académica coa máis autodidacta. En 1928 foi tamén bolseiro da Deputación de Pontevedra, e grazas a iso puido frecuentar lugares coma o Prado. Exiliouse na Arxentina, onde faría os murais da cúpula das Galerías Pacífico. Durante estes anos participou no ambiente dos exiliados relacionándose con Luís Seoane, Rafael Dieste e Rafael Alberti entre outros. No 1949 trasladouse a París, residencia na que morou até o ano 1989 en que regresou a Galiza. Nos anos 60 chegaríalle o éxito con exposicións en Londres, París e Madrid, e diversos premios e recoñecementos nos anos 80. Finou en Salvaterra de Miño en 1999 aos 98 anos. A súa filla Elena Colmeiro foi escultora e ceramista, formada na Arxentina.
Luís Seoane, referíndose ás preocupacións que se manifestaran nos círculos intelectuais e estudantís universitarios de Santiago de Compostela no primeiro terzo do século XX díxolle a Víctor Freixanes:
Murais de Colmeiro nas Galerías Pacífico
Nas Galerías Pacífico, un emblemático edificio bonaerense, Colmeiro contribuíu cuns murais para mostrar o esplendor da pintura arxentina. Representan distintas escenas e temáticas que aluden á cultura e a sociedade arxentina e a influencia internacional na mesma, xunto a artistas arxentino-europeos, de orixe galega, italiana e vasca entre outras.
Escultura Na escultura Francisco Asorey, nado en 1889 como o seu amigo Camilo Díaz, seguía uns postulados figurativos, pero cunha policromía vibrante de textura expresionista e temáticas novidosas. Sen chegar ao rupturismo nin a iconoclastia e a abstracción dalgunhas vangardas, provocou varias polémicas polas formas e a iconografía. Nun encargo para unha parroquia da Estrada representou a Virxe cunha hostia no peito e o cura non quixo a escultura. A mesma iconografía que empregara Díaz Baliño na súa cartelaría para o Estatuto, coa hostia do escudo do Reino de Galiza (e hoxe oficial da Comunidade Autónoma) no peito dunha santa laica cargada de simboloxía.
A guerra lévalle a moitos amigos, como a Camilo, pero el fica no exilio interior, incluso facendo obras de temática relixiosa. A súa neta en 2013 atribuía certo esquecemento a tal circunstancia. Asorey fixo tamén monumentos a grandes figuras da cultura galega, coma o filósofo da ilustración Benito Xerónimo Feijóo, o escritor do Rexurdimento Curros Enríquez ou o astrónomo Ramón Mª Aller.
En 2019, a súa obra A Santa de 1926, volveu á terra onde foi feita despois de case sete décadas no Centro Galego de Montevideo para a exposición Galicia, un relato no mundo, comisariada por Manuel Gago Mariño. Presentada no seu tempo na Exposición Nacional de Bellas Artes (onde sería premiado o seu San Francisco), rompeu coa corrección política da época e chegou a ser criticada mesmo por Valle-Inclán e pola raíña (avoa de Filipe VI). Nunha entrevista á prensa en 1956, Asorey afirmou que esta era a obra da que se atopaba "máis satisfeito". Entre a tradición e a renovación O movemento en Galicia foi menos perturbador que outras vangardas. Aínda que valoraban a tradición, eran moi cosmopolitas, e o traballo doutros foi fundamental para ese movemento, dende a xeración Nós até os científicos do Seminario de Estudos Galegos, arqueólogos, etc. E aí é onde entra Enrique Campo con só catro anos de traballo pero moi intenso, practicando con novos campos do debuxo, a arqueoloxía e a ilustración científica.
Os surrealistas Parte do movemento renovador estivo especialmente influenciado polo surrealismo, como os irmáns Mario e Eugenio Granell, Maruxa Mallo, Francisco Miguel ou Urbano Lugrís.