Lara Balseiro Candia, nada o 22 de xaneiro de 1993 en Viveiro, é unha xogadora galega de fútbol sala. Xoga de á e o seu equipo actual é o Club Deportivo Burela Fútbol Sala da Primeira división de fútbol sala feminino de España.

Traxectoria Comezou a xogar no equipo da súa vila natal ata que na tempada 2008-09 fichou polo Burela cando tiña anos. Daquela o equipo militaba na segunda división e conseguiu o ascenso a primeira división. Xogou 2 tempadas en primeira división co Burela, debutando en primeira no partido disputado contra o Cellosa Torrejón o 18 de outubro de 2009. Posteriormente marchou a tempada 2011-12 ao Poio para xogar en segunda división. Ao ano seguinte volveu ao Burela onde segue xogando na actualidade e conseguiu todos os seus títulos, en todas as competicións nas que participou. Ten a honra de marcar o gol número 1 000 do Burela.

Palmarés e distincións Liga española: 4 2012-13, 2015-16, 2019-20 e 2020-21. Copa de España: 4 2013, 2019, 2020 e 2021 Supercopa de España: 3 2015, 2019 e 2020 Recopa: 1 2019 Copa Galicia: 6 2009, 2010, 2014, 2015, 2019 e 2020.

Notas

Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1993 Categoría:Xogadores de fútbol sala de Galicia