José Castro Álvarez, nado en Ponteareas o 28 de setembro de 1932, é un político galego.

Traxectoria Pertenceu ao Frente de Juventudes, foi militante de Falange Española Tradicionalista y de las JONS e delegado de Sindicatos en Ponteareas. Durante o franquismo foi nomeado alcalde de Ponteareas en novembro de 1968.El Pueblo Gallego, 26-11-1968, p. 9. Coa chegada da democracia formou o partido Unión del Condado, co cal logrou a maioría absoluta nas primeiras eleccións democráticas e mantivo a alcaldía. Posteriormente entrou en Alianza Popular (logo Partido Popular), formación coa que revalidaría a alcaldía con maioría absoluta nas sucesivas eleccións e ademais foi deputado no Congreso dos Deputados (1989-1993), senador (1993-1996) e primeiro presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (1989-1992).

En 1997 foi inhabilitado por falsidade en documento público.Tres años de cárcel para el alcalde de Ponteareas (29-5-1997). El País. Consultado o 10-3-2013. Tras recorrer a sentenza, en 1998 abandonou o PPdeG (tras considerarse desamparado pola formación) e fundou a Unión Condado-Paradanta (UCPA) co que concorreu ás eleccións municipais de 1999 presentándose el como candidato e indo de número tres da candidatura a súa filla Nava Castro. Conseguiu revalidala alcaldía, se ben non logrou maioría absoluta, e mantívose no poder ata que no verán do 2000 a sentenza de inhabilitación foi firme e tivo que dimitir como alcalde, sendo substituído pola súa filla. Continuou como concelleiro, encargándose da área de Urbanismo. Repetiu como edil pola UCPA, agora encabezada pola súa filla, nas municipais de 2003, se ben un acordo entre os demais grupos lle arrebatou a alcaldía á súa filla. Dimitiu como concelleiro en xaneiro de 2004, tras unha nova sentenza de inhabilitaciónJosé Castro dimite como concejal en Ponteareas, pero seguirá en política.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Lista de senadores galegos desde a Transición Eleccións municipais en Ponteareas

Ligazóns externas Ficha no Congreso Ficha no Senado

Categoría:Alcaldes de Ponteareas Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra Categoría:Senadores por Pontevedra Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP Categoría:Nados en Ponteareas Categoría:Nados en 1932 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IV Lexislatura)