miniatura|dereita|205px|Cando os muiscas construían as súas casas (bohíos) cantaban e danzaban mentres construían seguindo o ritmo da música. miniatura|dereita|205px|A ocarina era un dos instrumentos empregados polos muiscas na súa música. miniatura|dereita|205px|O xaguar era considerado un animal sagrado, polo que os muiscas imitaban a súa aparencia durante as danzas para obter o agrado dos deuses. Este artigo describe o uso da música polo pobo muisca. Os muiscas foron unha civilización precolombiana organizada na Confederación muisca antes da conquista española das terras altas centrais (Altiplano Cundiboyacense) da actual Colombia. A música era empregada polos muiscas nos seus rituais relixiosos, para dar a benvida o novo cacique e durante colleita, a sementeira e a construción das casas.

Música muisca A música dos muiscas era producida nun sentido máxico-relixioso; a música era interpretada durante rituais relixiosos onde os muiscas se reunían para adorar o Sol (Sué), a Lúa (Chía) e outras deidades. A música servía como fonte de esperanza para os guerreiros güechas e para aliviar a dor causada pola morte.Ocampo López, 2007, Ch.V, p.230

Segundo os cronistas españois, a música dos muiscas era triste e monótona.Monotonous music of the Muisca A xente podía tocar música durante eventos que tomaban un mes completo para compracer aos seus deuses, onde cantaban sobre as guerras libradas e rogaban aos deuses pola vitoria en guerras futuras. Cada vez que se libraba unha guerra, os muiscas bailaban e cantaban.

Durante as épocas de colleita e sementeira na súa agricultura, a xente cantaba e bailaba continuamente. Mentres cantaban, quitaban as rochas soltas dos campos de cultivo. Os sacrificios, ás veces de carácter humano, ían acompañados de música, bailes e cantos. Tamén se facían cando era instaurado un novo caciques como gobernante.Ocampo López, 2007, Ch.V, p.231

Cando os muiscas construían as súas casas (bohíos), cantaban e bailaban levando a madeira e outros materiais ao ritmo da música. Vestían con diademas de ouro e bebían moita chicha. Durante estes rituais estaban acompañados polo deus da construción e da embriaguez, Nencatacoa.Escobar, 1987

Instrumentos Para a súa música, os muiscas empregaban principalmente frautas, tambores e fotutos, instrumentos feitos de caracolas de mar. Tamén usaban ocarinas, así como sikusMusic of the Muisca - Banco da República - consultado o 5 de maio de 2016 e copas que facían soar cun seixo no interior.Duica, 2012, p.4

Danza As danzas realizábanse durante os períodos de colleita e sementeira seguindo o calendario muisca, e eran realizadas con plumas e disfraces que imitaban a aparencia de animais como o oso de anteollos ou o xaguar. As danzas realizadas durante a construción de casas era danzas mixtas nas cales os homes e as mulleres bailaban collidos das mans.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Pobo muisca