Valentín Ferraz y Barrau, nado en Anciles, Huesca o 14 de febreiro de 1792 e finado en El Escorial, Madrid, o 31 de agosto de 1866, foi un militar e político español, que chegou a ocupar importantes cargos na España isabelina, incluído o de Presidente do Consello de Ministros.
Ingresou como cadete no rexemento de cabalaría Dragones del Rey aos 15 anos, e grazas á súa participación en importantes campañas militares en España e o Perú ascendeu a tenente xeneral (1816). Foi deputado e senador, entre 1835 e 1840 ocupou o cargo de Ministro da Guerra. Partidario de Espartero, ocupou o cargo de Presidente do Consello de Ministros entre o 12 e o 28 de agosto de 1840. Foi alcalde de Madrid durante o Bienio Progresista, e ao morrer, foi enterrado na sacramental de san Isidro e se lle adicou unha importante rúa.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na web da Presidencia do Goberno Ferraz y Barrau, Valentín , na Gran Enciclopedia Aragonesa (consultada o 13-02-2017)
Categoría:Presidentes de España Categoría:Ministros de España Categoría:Alcaldes de Madrid Categoría:Nados en Benasque Categoría:Nados en 1792 Categoría:Finados en 1866