1943 (MCMXLIII) foi un ano común comezado en venres segundo o calendario gregoriano, e foi Ano Santo Xacobeo.

Acontecementos 1 de xaneiro - segunda guerra mundial: finaliza a batalla de Guadalcanal coa vitoria dos estadounidenses sobre os xaponeses. 14 de abril - Franco inaugura a liña de ferrocarril entre Santiago de Compostela e A Coruña. 25 de xullo - o Gran Consello Fascista destitúe a Mussolini. 1 de agosto - Birmania declara a súa independencia. 15 de agosto - A Escola Naval Militar é inaugurada en Marín. 12 de setembro - os británicos ocupan Brindisi, en Italia. 13 de outubro - Italia, dirixida polo mariscal Badoglio, declara a guerra a Alemaña. miniatura|300px|Feira das Cruces, Sobrado, en 1943. Acontecementos de maior duración Segunda guerra mundial (1939-1945)

Nacementos 4 de xaneiro - Doris Kearns Goodwin, escritor estadounidense. 4 de xaneiro - Jesús Torbado, escritor e periodista español. 4 de xaneiro - Alberto Iniesta, bispo español. 11 de xaneiro - Eduardo Mendoza, escritor español. 19 de xaneiro - Janis Joplin, cantante norteamericana. 26 de xaneiro - Luiz Carlos Prates, psicólogo, ensaísta e xornalista brasileiro. 3 de febreiro - Xosé Luís de Dios, pintor galego (m. 2010). 9 de febreiro - Joseph Stiglitz, economista e escritor estadounidense, premio Nobel de Economía en 2001. 24 de febreiro - George Harrison, músico inglés (The Beatles). 2 de marzo - Elaine Brown, activista política e cantante estadounidense. 15 de marzo - Manuel Lourenzo, autor e director teatral galego. 19 de marzo - Mario J. Molina, científico mexicano, premio Nobel de Química en 1995. 25 de marzo - Victor H. Mair, sinólogo estadounidense (m. 2026). 13 de abril - Perfecto Conde Muruais, xornalista galego. 15 de abril - Manuel Lourenzo, actor e dramaturgo galego (m. 2025). 17 de abril - Emilio González Fernández, psiquiatra e escritor galego. 18 de abril - Ivan Lovrenović, escritor bosníaco. 3 de maio - Cruz Risco, cineasta galega (m. 1992). 2 de xuño - Ilaiaraxa, músico, compositor e actor indio. 16 de xullo - Reinaldo Arenas, escritor cubano. 24 de xullo - Isidro Silveira Cameselle, empresario galego. 14 de agosto - Juan Quintás Seoane, economista e político galego. 17 de agosto - Robert De Niro, actor estadounidense. 27 de agosto - Luis Rojas Marcos psiquiatra español profesor na Universidade de Nova Iork. 23 de setembro - Julio Iglesias cantante español. 1 de outubro - Jean-Jacques Annaud, director de cine francés. 8 de outubro - Felipe Martínez Marzoa, filósofo galego. 8 de decembro - Jim Morrison, cantante da banda estadounidense The Doors. 27 de decembro - Joan Manuel Serrat, cantautor catalán.

Mortes 14 de xaneiro - José Barro González, empresario galego (n. 1873). 17 de xaneiro - Nikola Tesla, físico, matemático e inventor croata. 25 de xaneiro - Federico Guillermo Maciñeira e Pardo de Lama, historiador e xeógrafo (n. 1870). 14 de febreiro - David Hilbert, matemático alemán. 28 de marzo - Sergey Rachmaninoff, compositor, pianista e director de orquestra ruso. 4 de abril - Valeriano Villanueva Rodríguez, militar e estudoso da agricultura galego (n. 1865). 18 de abril - Isoroku Yamamoto, almirante da frota xaponesa. 14 de maio - Henri La Fontaine, político belga, premio Nobel da Paz en 1913. 14 de maio - Lisardo Barreiro, xornalista e escritor galego (n. 1862). 26 de xuño - Karl Landsteiner, patólogo estadounidense de orixe austríaca, premio Nobel de Medicina en 1930. 3 de xullo - Yvan Kyrla, poeta e actor mari. 25 de xullo - Jesús Noya González, escritor e xornalista galego (n. 1865). 24 de agosto - Simone Weil, filósofa francesa. 30 de setembro - Franz Oppenheimer, sociólogo e economista político alemán. 19 de outubro - Camille Claudel, escultora francesa. 15 de novembro - Basilio Álvarez, líder do movemento agrario galego.

Premios Nobel Física: Otto Stern Química: George de Hevesy Fisioloxía ou Medicina: Henrik Dam e Edward A. Doisy Literatura: Non concedido Paz: Non concedido

Outros 30 de novembro - Créase o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Historia ano a ano

Categoría:1943