Manuela Serra, nada en Lisboa en 1948, é unha directora portuguesa coñecida por realizar o documental O Movimento das Coisas . Este, a pesar de ser premiado e eloxiado en varios festivais, só entrou no circuíto comercial en 2021, 36 anos despois de estar rematado.
Traxectoria Nada na capital portuguesa en 1948, Manuela Serra estudou cinema en Bélxica no Institut des Arts et Diffusion, entre 1971 e 1974
De regreso a Portugal tras a Revolución dos Caraveis, formou parte do grupo fundador da cooperativa VirVer, responsable da produción de películas como São Pedro da Cova, Deus, Pátria, Autoridade e Bom Povo Português do director Rui Simões, na que traballou como axudante de produción e montadora. En 1979, escribiu o guión da súa única película O Movimento das Coisas, cuxa rodaxe comezou nese mesmo ano e que rematou 6 anos despois, en 1985.
Na década seguinte, Manuela Serra abandonou o cinema sen realizar a súa segunda película, que pensaba chamar Ondulações.
O Movimento das Coisas Rodada na aldea de Lanheses, concello de Viana do Castelo, contou coa participación da poboación desa vila e de nomes como José Mário Branco, responsábel da banda sonora. Estreouse en 1985 no Festival Internacional de Cinema de Mannheim-Edelberga, onde recibiu o Premio FilmduKaten. A pesar de ser premiado e eloxiado en varios festivais, especialmente no Festival de Cine Lumière que se celebra anualmente en Lión e para o que foi seleccionado en 2020, só se estrea no circuíto comercial en 2021, 36 anos despois de ser rematado.
Premios e Recoñecementos Manuela Serra foi galardoada con varios premios polo seu documental O Movimento das Coisas, especialmente: 1985 - Recibiu o Premio Filmdukaten no Festival Internacional de Cine de Mannheim-Edelberg
1985 - En Festroia gañou o Premio Agfa
En 2015, Marta Ramos, Mário Fernandes e José Oliveira rodaron o documental 35 Anos Depois, O Movimento das Coisas , onde gravaron o regreso de Manuela Serra á aldea de Lanheses. A importancia da súa única película para o cinema portugués é destacada por João Bérnard da Costa e Manuel Mozos nos artigos que escribiron sobre el. Manoel de Oliveira e Paulo Rocha foron outros persoeiros do cinema portugués que a felicitaran polo filme. Filmografía Realizouː
1986 - O Movimento das Coisas
Traballou como axudante de dirección nas películas:
1976 - Deus, Patria, Autoridade 1980 - Bom Povo Português
Participou nos filmes:
1985 - Necrofilia, do realizador Vítor Silva 2015 - 35 Anos Depois, O Movimento das Coisas Notas
Véxase tamén Ligazóns externas O Movimento das Coisas, de Manuela Serra | Trailer (versão restaurada) O Vale Era Verde, por José Oliveira, Ipsilon, 18 de Junho de 2021 Manuela Serra regressa a Lanheses Excerto do documentário: O Movimento das Coisas (1985) Documentário: 35 Anos Depois, O Movimento das Coisas
Categoría:Directores de cinema de Portugal Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en Lisboa