O xuíz (en ) é un filme estadounidense de 2014 dirixido por David Dobkin. Está protagonizado por Robert Downey Jr., Robert Duvall, Vera Farmiga, Vincent D'Onofrio, Jeremy Strong, Dax Shepard e Billy Bob Thornton. Estreouse nos Estados Unidos o 10 de outubro de 2014. Recibiu valoracións dispares por parte da crítica, quen eloxiou as interpretacións de Duvall e Downey, así como a banda sonora de Thomas Newman, mais criticaron o guión e a falta de desenvolvemento dos personaxes secundarios.

Duvall recibiu varios nomeamentos a premios pola súa interpretación do xuíz Joseph Palmer, incluíndo o Óscar ó mellor actor secundario na 87ª edición dos premios, o Globo de Ouro, o premio Screen Actors Guild e o premio Satellite. Thomas Newman tamén recibiu un nomeamento ó premio Satellite á mellor banda sonora.

Estreouse en galego o 10 de novembro de 2020 a través da TVG.

Personaxes

Robert Downey Jr. como Henry "Hank" Palmer Robert Duvall como xuíz Joseph Palmer Vera Farmiga como Samantha "Sam" Powell Vincent D'Onofrio como Glen Palmer Jeremy Strong como Dale Palmer Billy Bob Thornton como Dwight Dickham Sarah Lancaster como Lisa Palmer David Krumholtz como Mike Kattan Emma Tremblay como Lauren Palmer Ken Howard como xuíz Sanford Warren Leighton Meester como Carla Powell Dax Shepard como fiscal C.P. Kennedy Denis O'Hare como Doc Morris Frank L. Ridley como Jury Foreman Mark Kiely como Mark Blackwell Grace Zabriskie como nai de Mark Blackwell Jeremy Holm como Redneck

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por David Dobkin Categoría:Filmes con banda sonora de Thomas Newman Categoría:Filmes de Village Roadshow Pictures Categoría:Filmes ambientados en Indiana Categoría:Filmes ambientados en 2014 Categoría:Filmes sobre familias disfuncionais Categoría:Filmes de 2014 con versión en galego