A Galiza feminista. Tebras e alboradas é un ensaio da escritora, socióloga e doutora en Equidade e Innovación Educativa Miriam Couceiro Castro, publicado en 2021 no marco da colección Feminismos, editado pola Editorial Galaxia.
A autora é unha experta neste tema, xa que gañou no 2013 o Concurso de traballos académicos con perspectiva de xénero “Ángeles Alvariño”, co seu traballo O feminismo en Galiza: Rural e Urbano. Posteriormente realizou unha tese de doutoramento co título La representación del Feminismo en el pensamiento y práctica de la acción docente de las Profesoras de Secundaria en Galicia, que é o xermolo deste libro. Un libro no que reivindica o legado de Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, Rosalía de Castro, Mónica Bar Cendón, María Barbeito, Antonia de la Torre ou Pilar García Negro.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas https://editorialgalaxia.gal/produto/galiza-feminista-tebras-e-alboradas/
Categoría:Obras feministas escritas Categoría:Ensaio Categoría:2021