Soiuz TMA-13M foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 28 de maio de 2014 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz TMA-13M, unha Soiuz modelo TMA-M cos cosmonautas Alexander Gerst, Maksim Suraiev e Gregory Wiseman a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e facer experimentos e mantemento durante un período de seis meses. A nave acoplouse ao módulo de investigación Rassvet (MRM1, Mini Research Module 1) e regresou o 10 de novembro de 2014 ás 3:58 GMT.

A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-13M estaba formada por Samantha Cristoforetti, Anton Shkaplerov e Terry Virts.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TMA-M Soiuz FG Estación Espacial Internacional

Categoría:Programa Soiuz