Soiuz TMA-16M foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 27 de marzo de 2015 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz TMA-16M, unha Soiuz modelo TMA-M cos cosmonautas Scott Kelly, Gennadi Padalka e Mikhail Kornienko a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e facer experimentos e mantemento durante un período de seis meses. A Soiuz acoplouse ao módulo Poisk e regresou o 9 de decembro de 2015 ás 00:51 GMT con Padalka, Andreas Mogensen e Aidin Aimbetov a bordo.

A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-16M estaba formada por Aleksei Ovchinin, Sergei Volkov e Jeffrey Williams.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TMA-M Soiuz FG Estación Espacial Internacional

Categoría:Programa Soiuz