Soiuz TMA-2 foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 26 de abril de 2003 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz TMA-2 foi lanzada cos cosmonautas Ed Lu e Iuri Malenchenko a bordo para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e levar a cabo tarefas de mantemento mentres a frota de transbordadores espaciais permanecía parada despois do accidente do transbordador espacial Columbia. Durante a súa estancia a ISS recibiu a visita da misión Soiuz TMA-3 e dos cargueiros Progress M1-10 e Progress M-48. A nave regresou o 28 de outubro de 2003 con Lu, Malenchenko e Pedro Duque.

A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-7 estaba formada por Michael Foale e Aleksandr Kaleri.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TMA Soiuz FG Estación Espacial Internacional

Categoría:Programa Soiuz