Soiuz TMA-9 foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 18 de setembro de 2006 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz TMA-9 foi lanzada cos cosmonautas Anousheh Ansari, Michael López-Alegría e Mikhail Tiurin a bordo para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e levar a cabo tarefas de mantemento e experimentos. A nave acoplouse ao módulo Zaria e durante a súa estancia a ISS recibiu a visita das misións STS-116 e STS-117 e dos cargueiros Progress M-58, Progress M-59 e Progress M-60. Regresou o 21 de abril de 2007 con López-Alegría, Tiurin e Charles Simonii.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TMA Soiuz FG Estación Espacial Internacional

Categoría:Programa Soiuz