Eloísa Rivadulla Álvarez, nada en Osedo o 26 de xaneiro de 1911 e finada o 19 de setembro de 1987, foi unha das primeiras mulleres que estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela.

Traxectoria Eloísa Rivadulla era filla de Benito Rivadulla Pascual e de Eloísa Álvarez Nieves. Estudou na Facultade de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela dende 1930 até 1939.

Posteriormente traballou como pediatra en Chantada, primeiro no Seguro Obrigatorio de Enfermidade Pintos (2016)e despois na Seguridade Social. O seu traballo como pediatra foi moi apreciado e dá nome, en Chantada, a un colexio, o CEIP Eloísa Rivadulla, e a un parque.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Pintos, Xoana (2016): "As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960". Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela Pintos Barral, Xoana (2021). Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Editorial Galaxia. Fernández García, Isabel (2021). Pioneiras de Ciencia en Lugo . Editorial: Asociación Colectivo Egeria ISBN: 978-84-09-31713-4

Categoría:Médicos de Sada Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1987 Categoría:Nados en Sada Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela