A Final da UEFA Euro 2020 será o partido de fútbol que determine os gañadores da Eurocopa 2020. O partido será a 16ª final do Campionato Europeo da UEFA, un torneo cuadrienal disputado polos equipos nacionais masculinos das asociacións membros da UEFA para decidir os Campións de Europa. O partido disputarase no Wembley Stadium en Londres, Inglaterra, o 11 de xullo de 2021 e será disputado por Inglaterra e Italia, vencedores das súas respectivas semifinais.

conseguiu gañar a final por 3–2 en penaltis tras un empate a 1 despois da prórroga. Italia gañou o Campionato de Europa por primeira vez desde 1968. Foi a primeira aparición histórica de Inglaterra nunha final da Eurocopa, así como a segunda vez que unha final europea se decide nos lanzamentos de penalti.

50px—50px1 (3)1 (2)

Sede thumb|left|Wembley Stadium antes da final

A final celebrouse no Wembley Stadium de Londres, Inglaterra, situado en Wembley (Brent). O 6 de decembro de 2012, a UEFA anunciou que o torneo celebraríase en varias cidades de toda Europa con motivo do 60 aniversario do torneo, sen que os equipos anfitrións se clasificasen automaticamente. Wembley foi elixido como sede das semifinais e final do torneo polo Comité Executivo da UEFA o 19 de setembro de 2014, sendo seleccionado por aclamación despois de que se retirase a oferta final do Allianz Arena en Múnic. Despois de gañar os dereitos de organización, retirouse a oferta de Londres como sede dos partidos da fase de grupos e un partido eliminatorio anterior. Non obstante, o Comité Executivo da UEFA eliminou a Bruxelas como cidade anfitrioa o 7 de decembro de 2017 debido a atrasos na construción do Eurostadium. Os catro partidos (tres na fase de grupos e un en oitavos de final) inicialmente programados para celebrarse en Bruxelas reasignáronse a Londres, deixando a Wembley con sete partidos do torneo. Máis tarde esa cifra aumentouse a oito partidos, xa que Dublín foi eliminada como cidade anfitrioa o 23 de abril de 2021, non podendo asegurar os espectadores debido á pandemia de COVID-19, cos seus oitavos de final reasignados a Wembley.

O actual estadio de Wembley inaugurouse en 2007 no lugar do estadio orixinal, que foi demolido entre 2002 e 2003. O estadio é propiedade da Asociación Inglesa de Fútbol e serve como o estadio nacional da Selección nacional de Inglaterra. O estadio orixinal, anteriormente coñecido como Empire Stadium, inaugurouse en 1923 e acolleu varios partidos do Mundial de Fútbol de 1966, incluída a final que viu como Inglaterra vencía a Alemaña Occidental por 4-2 despois do tempo extra, e na Eurocopa 1996, incluída a final na que Alemaña derrotou á República Checa por 2-1 despois da prórroga mediante a xa desaparecida regra do gol de ouro. Wembley tamén foi anfitrión de todas as finais da FA Cup desde a final de 1923 (excluíndo 2001-2006, cando o estadio estaba a ser reconstruído). A organización de Wembley tanto nas semifinais como na final quedou suxeita a que a UEFA e o goberno do Reino Unido chegasen a un acordo sobre a normativa de corentena para afeccionados e VIPs. O Puskás Aréna de Budapest era o principal candidato para substituír a Wembley, se non fose posible organizar a final alí. Con todo, a UEFA sempre confiou en que Wembley podería ser a anfitrioa da final. O 22 de xuño, o goberno do Reino Unido modificou as limitacións fronte a COVID-19 en Londres para permitir a asistencia dun 75% da capacidade do estadio, o que significou que até 60.000 espectadores poderían estar presentes na final sempre que demostrasen ter unha proba negativo ou estar totalmente vacinado. Tamén se concedeu un permiso especial para que ata 1.000 afeccionados voasen desde Italia para ver o partido. No entanto, aplicáronse condicións especiais para os afeccionados de Italia, incluíndo a proba negativa de COVID-19 antes da chegada, non estar no país máis de 12 horas, o uso de transporte dedicado e a utilización de asentos segregados en Wembley.

Camiño á final ItaliaRoldaInglaterraRivalResultadoFase de gruposRivalResultado3–0Partido 11–03–0Partido 20–01–0Partido 31–0SelecciónPts.PXPGPEPPGFGCDif93300707431113214311145–10300318–7Clasificación finalSelecciónPts.PXPGPEPPGFGCDif7321020243111431431113211301215–4RivalResultadoFase finalRivalResultado2–1 Oitavos de final2–01–2Cuartos de final0-41–1 (4-2) Semifinais2–1

Partido

border|100px|ItaliaITALIA PO 21Gianluigi DonnarummaDF 2 Giovanni Di LorenzoDF 19Leonardo Bonucci DF 3 Giorgio Chiellini (c) DF 13Emerson MC 8 Jorginho MC 18Nicolò Barella MC 6 Marco Verratti DC 14Federico Chiesa DC 10Lorenzo Insigne DC 17Ciro Immobile Substitucións:MC 16Bryan Cristante DC 11Domenico Berardi MC 20Federico Bernardeschi DC 9 Andrea Belotti MC 5 Manuel Locatelli DF 24Alessandro Florenzi Adestrador:Roberto Mancini300pxborder|100px|InglaterraINGLATERRA PO 1 Jordan PickfordDF 2 Kyle Walker DF 5 John StonesDF 6 Harry Maguire DF 12Kieran Trippier DF 3 Luke ShawMC 14Kalvin PhillipsMC 4 Declan Rice DC 19Mason Mount DC 10Raheem SterlingDC 9 Harry Kane (c)Substitucións:MC 25Bukayo Saka MC 8 Jordan Henderson MC 7 Jack Grealish DC 11Marcus Rashford MC 17Jadon Sancho Adestrador:Gareth Southgate

Xogador do partido: Leonardo Bonucci

Árbitros asistentes: Sander van Roekel Erwin Zeinstra Cuarto árbitro: Carlos del Cerro Grande Quinto árbitro: Juan Carlos Yuste Jiménez Árbitro principal VAR: Bastian Dankert Árbitros asistentes VAR: Pol van Boekel Christian Gittelmann Marco Fritz |}Regras do partido 90 minutos 30 minutos de tempo extra se fose necesario Tiros de penalti se o marcador seguise igualado Máximo de doce substitutos na banca Máximo de cinco substitucións, cun sexto permitido na prórrogaCada equipo tivo só tres oportunidades para facer substitucións durante o tempo de xogo, cunha cuarta oportunidade no tempo extra. Estas tres ventás de substitución exclúen as substitucións feitas no descanso, antes do comezo do tempo extra e no descanso no tempo extra.

50px70pxCampión2.° título

Estatísticas

+ Primeira metade Estatística Italia InglaterraGoles marcados01Tiros totais61Tiros a porta11Paradas01Posesión62%38%Número de córners12Faltas cometidas65Fóras de xogo21Cartóns amarelos00Cartóns vermellos00

+ Segunda metade Estatística Italia InglaterraGoles marcados10Tiros totais93Tiros a porta40Paradas03Posesión65%35%Número de córners12Faltas cometidas102Fóras de xogo00Cartóns amarelos40Cartóns vermellos00

+ Tempo extra Estatística Italia InglaterraGoles marcados00Tiros totais52Tiros a porta10Paradas01Posesión57%43%Número de córners11Faltas cometidas56Fóras de xogo30Cartóns amarelos11Cartóns vermellos00

+ Resumo total Estatística Italia InglaterraGoles marcados11Tiros totais206Tiros a porta61Paradas05Posesión62%38%Número de córners35Faltas cometidas2113Fóras de xogo51Cartóns amarelos51Cartóns vermellos00

Post-partido Ataques racistas Os xogadores de Bukayo Saka, Jadon Sancho, e Marcus Rashford foron vítimas de ataques racistas en liña tras os seus respectivos erros na derrota da selección nos penaltis da final fronte a . Os tres xogadores tiraron os últimos tres penaltis, dous dos cales parou o porteiro italiano Gianluigi Donnarumma, durante a derrota de Inglaterra por 3-2 nos penaltis, e foron inmediatamente atacados con linguaxe racista e emoticonas nas súas contas en redes sociais. A Asociación Inglesa de Fútbol "condenou firmemente" os ataques racistas e comunicou que estaban "horrorizados polo racismo en liña" dirixido a algúns xogadores nas redes sociais. Nun comunicado informaron:

A Policía Metropolitana de Londres comezou a investigar os ataques e dixo en Twitter que o abuso era "totalmente inaceptable" e que non sería tolerado. O Primeiro ministro británico Boris Johnson e o presidente da FA Guillerme de Cambridge tamén condenaron os ataques.

Audiencia A audiencia do partido na televisión británica alcanzou un máximo de 30.95 millóns durante os lanzamentos de penaltis, cifra de visualización máis alta desde 1997 co funeral de Diana, princesa de Gales. As valoracións tamén suxeriron que case 29.85 millóns de persoas viron a totalidade o partido.

Notas

Referencias

Véxase tamén Outros artigos Eurocopa de Fútbol de 2020

Ligazóns externas Sitio web da UEFA Euro

Categoría:Eurocopa de Fútbol de 2020 2020 Categoría:Partidos da selección de fútbol de Italia Categoría:Italia na Eurocopa de Fútbol de 2020 Categoría:Partidos da selección de fútbol de Inglaterra Categoría:Inglaterra na Eurocopa de Fútbol de 2020