Cruzando a escuridade (en ) é un filme estadounidense de 1995 coproducido, escrito e dirixido por Sean Penn. Está protagonizado por Jack Nicholson, David Morse, Robin Wright e Anjelica Huston. Foi o derradeiro filme con banda sonora de Jack Nitzsche. Conta a historia de Freddy Gale, un home que foi atormentado durante máis de cinco anos pola morte da súa filla nun accidente automobilístico. Cando se entera de que o responsábel da súa morte vai saír do cárcere, decide buscar vinganza.

O filme estreouse o 16 de novembro de 1995, e recibiu polo xeral valoracións positivas. Malia as boas críticas, foi un fracaso comercial, recadando só 869 000 dólares en todo o mundo sobre un orzamento de 9 millóns de dólares.

Estreouse en galego o 19 de febreiro de 2000 na TVG.

Personaxes

Jack Nicholson como Freddy Gale David Morse como John Booth Anjelica Huston como Mary Robin Wright Penn como Jojo Piper Laurie como Helen Booth Richard Bradford como Stuart Booth Priscilla Barnes como Verna David Baerwald como Peter Robbie Robertson como Roger John Savage como Bobby Kellita Smith como Tanya Kari Wuhrer como Mia Richard Sarafian como Sunny Ventura Joe Viterelli como Joe

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1995 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre loito Categoría:Filmes ambientados nos Ánxeles Categoría:Filmes independentes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 1995 con versión en galego