Duvidha é un filme indio de 1973 dirixido por Mani Kaul, baseado nunha historia rajasthani homónima escrita por Vijaydan Detha. Está protagonizado por Ravi Menon e Raisa Padamsee. O filme foi aclamado pola crítica e valeulle ó director o Premio Nacional de Cinema á mellor dirección e o Premio da Crítica ó mellor filme nos Premios Filmfare de 1974. Foi refeito no ano 2005 baixo o título Paheli, protagonizado por Shahrukh Khan e Rani Mukherjee.
Estreouse subtitulado en galego o 30 de marzo de 2021, no Centro Galego de Artes da Imaxe (A Coruña).
Personaxes Raisa Padamsee como Lachhi Ravi Menon como Krishnalal, fillo do mercador Hardan Shambhudan Manohar Lalas Kana Ram Bhola Ram
Produción O filme foi rodado na vila de Borunda, en Tehsil Bilara, no distrito de Jodhpur, a vila natal do autor Vijay Dan Detha' Bijji.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1973 Categoría:Filmes en lingua hindi Categoría:Filmes da India Categoría:Filmes dirixidos por Mani Kaul Categoría:Filmes rodados en Rajasthan Categoría:Filmes ambientados en Rajasthan Categoría:Filmes de 1973 con versión en galego