Nigel Williams-Goss, nado o 16 de setembro de 1994 en Happy Valley, Oregón, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no Real Madrid da Liga ACB.

Traxectoria profesional O 23 de xuño de 2017, Williams-Goss foi seleccionado na 55ª posición do Draft da NBA de 2017 polos Utah Jazz. Tras xogar cos Jazz a Liga de Verán da NBA de 2017, asinou un contrato de dous anos co KK Partizan serbio o 28 de agosto de 2017.

En xullo de 2018, Williams-Goss asinou un acordo de tres anos co Olympiacos BC grego. O 15 de xullo de 2019, o Olympiacos anunciou que Williams-Goss exerceu a súa cláusula de saída para unirse ós Utah Jazz. Catro días máis tarde, asinou cos Jazz.

O 5 de xaneiro de 2021, o PBC Lokomotiv Kuban ruso fichou a Williams-Goss ata final de tempada.

O 13 de xullo de 2021, anunciouse a fichaxe de Williams-Goss por dous anos co Real Madrid da Liga ACB.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Oregón Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Utah Jazz Categoría:Xogadores do KK Partizan Categoría:Xogadores do Olympiacos BC Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores do PBC Lokomotiv Kuban Categoría:Xogadores do Real Madrid Baloncesto