Gerardo Jesús Conde Roa, nado en Padrón o 28 de setembro de 1959, é un avogado, empresario e político conservador galego do PPdeG.

Traxectoria Licenciado en Dereito, afiliouse a Alianza Popular e posteriormente ao Partido Popular de Galicia. O seu primeiro cargo na política foi o de concelleiro en Santiago, entre 1983 e 1991. Foi candidato á alcaldía en 1987, onde foi derrotado, deputado no Parlamento de Galicia (1987-2000) polo Partido Popular, membro do Consello de Administración de RTVE e o candidato deste partido á alcaldía de Santiago de Compostela de novo nas eleccións de 2007, onde quedou foi o máis votado sen maioría absoluta, polo que non puido gobernar.

Nas eleccións xerais de 2008 foi elixido deputado do PPdeG pola provincia da Coruña. Renunciou en setembro de 2010 e foi substituído por Ángeles Vázquez MejutoA melidense Ángeles Vázquez substituirá no Congreso ao popular Conde Roa.

O 10 de xullo de 2008 gañou o congreso do PP de Santiago cun total de 526 votos sobre 957 totais, co que encabezou a lista local do Partido Popular ás eleccións municipais de 2011. Nos comicios de maio dese ano o seu partido acadou a maioría absoluta na cidade de Compostela, e Conde Roa foi proclamado alcalde.

Polémicas Durante o ano 2008 estivo involucrado en numerosas polémicas relacionadas co non pagamento de tributos municipais arredor da súa condición de promotor inmobiliario a través de Geslander, sociedade da súa titularidade.

O 2 de abril do 2012, o Xulgado de Instrución número 2 de Santiago de Compostela admitiu a trámite unha querela criminal presentada pola fiscalía por un presunto delito contra a Facenda Pública durante a súa etapa como promotor inmobiliario, segundo a cal o alcalde non declarara o IVE de 61 vivendas a través da súa promotora inmobiliaria, Geslander Proyectos de Edificación SL, en 2010. Segundo consta no expediente de Facenda, Conde Roa, administrador único de Geslander Proyectos de Edificación SL, defraudou nesa transacción case 300.000 euros. Dimitiu do posto de alcalde o 16 de abril.

Vida persoal Foi membro do grupo católico Opus Dei. Declarou que integraría Compostela na Rede española de cidades pola vida, unha rede antiabortista de tradición católica.Entrevista con Conde Roa en Xornal de Galicia o 8 de marzo de 2001.

Casou e divorciouse. Ten cinco fillos da primeira muller e tres dunha segunda parella.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Santiago de Compostela

Ligazóns externas Ficha no congreso dos Deputados

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Alcaldes de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Padrón Categoría:Nados en 1959 Categoría:Membros do Opus Dei Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura) Categoría:Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Concelleiros de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados da V Lexislatura do Parlamento de Galicia