Abstract Wikipedia é un proxecto da Fundación Wikimedia cuxo obxectivo é crear unha versión de Wikipedia independente da linguaxe utilizando datos estruturados de Wikidata. Foi ideado por Denny Vrandečić, cofundador de Wikidata, nun documento de traballo de Google de abril de 2020, formalmente proposto en maio de 2020 (como Wikilambda) e aprobado pola Xunta Directiva da Fundación Wikimedia en xullo de 2020. O nome é considerado provisional.
Despois de dez anos de vida de Wikipedia e ante o declive dos seus editores, o fundador Jimmy Wales recoñeceu publicamente que os millóns de voluntarios que escriben os diversos artigos están a diminuír e é difícil atopar novos editores e os que estaban presentes vanse por causa das incesantes guerras de edición. Así por exemplo con Wikidata, agora permítese unha breve descrición de cada tema en calquera idioma e wiki, co único requisito de que un artigo estea nun só idioma.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Proposta en Wikimedia Meta-Wiki
Categoría:Wikipedia Categoría:Web semántica Categoría:Wikimedia