Theodoros Kontidis, nado en Tesalónica o 11 de marzo de 1956, é un eclesiástico católico latino xesuíta, arcebispo elixido de Atenas dende 2021.Πατέρας Θεόδωρος Κοντίδης
Traxectoria
Theodoros Kontidis naceu o 11 de marzo de 1956 en Tesalónica, Macedonia. Desde 1974, estudou na Pontificia Universidade Gregoriana de Roma. En 1983, ingresou na orde dos xesuítas e o 9 de outubro de 1988 foi ordenado sacerdote polo arcebispo de Atenas, Nikolaos Foskolos. Despois, obtivo unha licenciatura en teoloxía no Centre Sèvres de París.
En 1995, exerceu a súa solemne profesión. Despois converteuse en responsable da pastoral vocacional e superior da comunidade xesuíta de Atenas. Dende 2021, é párroco da parroquia de Sant'Andrea en Patras.
O 14 de xullo de 2021, o papa Francisco nomeouno arcebispo metropolitano de Atenas. A ordenación episcopal na catedral de San Dionisio Areopagita está prevista para o 18 de setembro de 2021."Rinuncia e nomina dell’Arcivescovo di Atene e Amministratore Apostolico ad nutum Sanctae Sedis di Rhodos (Grecia)."
Notas
Notas
Categoría:Nados en Tesalónica Categoría:Nados en 1956 Categoría:Arcebispos católicos de Grecia Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Gregoriana Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina Categoría:Xesuítas Categoría:Relixiosos católicos de Grecia