Julia Benedetti González, nada na Coruña o 25 de setembro de 2004, é unha deportista galega que compite en monopatinaxe. Participou nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020.

Traxectoria En 2018, con só 14 anos, disputou o seu primeiro campionato mundial absoluto de monopatinaxe na cidade chinesa de Nanjing, e ao ano seguinte conseguiu a clasificación para os Xogos Olímpicos de Toquio.

Con só 16 anos entrou na historia dos Xogos Olímpicos ao ser unha das 20 deportistas en disputar a proba de parque na estrea do monopatinaxe como deporte olímpico. Sufriu unha caída en cada un dos tres exercicios que realizou, polo que obtivo unha baixa puntuación e non puido clasificarse para a final. Rematou no posto 16º.

Tras conseguir unha bolsa na Residencia Blume instalouse en Madrid, onde compaxinou os seus adestramentos cunha Enxeñaría en Matemáticas. En xuño de 2024 clasificouse para os seus segundos Xogos, ao acadar a 18ª posición no torneo preolímpico de Budapest.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Galegos nos Xogos Olímpicos de 2020

Ligazóns externas

Datos da deportista en olympics.com .

Categoría:Nados en 2004 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Skaters de Galicia Categoría:Skaters olímpicos de Galicia Categoría:Skaters olímpicos de España Categoría:Skaters nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Skaters nos Xogos Olímpicos de 2024