Benito Rodríguez López, finado en Padrón o 12 de abril de 1939, foi un político galego.
Traxectoria Dono do pazo de Arretén. Administrador de rendas estancadas de Padrón, foi nomeado oficial de quinta clase de Facenda da provincia da Coruña en 1883.Gaceta de Galicia, 14-3-1883, p. 2. Concelleiro de Padrón na corporación presidida por Juan Pazos Varela, foi nomeado alcalde de Padrón en 1899, permanecendo no cargo ata 1906. Ao final da ditadura de Primo de Rivera volveu ser nomeado alcalde de Padrón.El Pueblo Gallego, 27-2-1930, p. 12. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 a súa casa foi o escenario dun asalto por parte de sindicalistas o 20 de xullo. Finou no pazo de Arretén o 12 de abril de 1939.El Eco Franciscano, 1-5-1939, p. 25.
Notas
Categoría:Alcaldes de Padrón Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración
Categoría:Finados en 1939