miniatura|Bóreas e Oritía, 1880 Heinrich Lossow, nado o 10 de marzo de 1843 en Múnic, Reino de Baviera, e finado o 19 de maio de 1897 en Schleissheim, Austria-Hungría, foi un pintor de xénero alemán e ilustrador. Foi un prolífico pornógrafo no seu tempo de lecer cun gusto especial polo analingus.
Traxectoria O pai de Heinrich Lossow era Arnold Hermann Lossow, un escultor de Bremen. O seu pai mudouse a Múnic en 1820 para estudar con Ernst Mayer. En Múnic, Arnold Hermann Lossow casou e tivo tres fillos: Carl Lossow, en 1835; Friedrich Lossow, en 1837; e Heinrich Lossow, en 1843. Os tres mozos tiveron un gusto pola arte; Carl sería un pintor histórico, mentres que Friedrich sería un pintor de vida salvaxe. Heinrich sobreviviu a todos os seus fillos.
Ao principio aprendeu co seu pais pero máis tarde iría estudar con Karl Theodor von Piloty na Academia de Múnic de Belas Artes. Despois viaxou por Francia e Italia para perfeccionar a súa arte.
Foi ilustrador para editoriais de libros, incluído unha edición de As Mulleres Alegres de Windsor, de William Shakespeare.
Máis tarde foi curador no Palacio Schleissheim.
Galería
Notas
Categoría:Nados en Múnic Categoría:Ilustradores de Alemaña Categoría:Finados en 1897 Categoría:Nados en 1843