Santa Cruz de Arrabaldo é unha parroquia do concello de Ourense que está situada a 10 quilómetros da cidade e conta cunha extensión de 4,88 km². Segundo o padrón municipal en 2005 tiña 642 habitante (303 homes e 339). Historia
Entre 1836 e 1943 pertenceu ao Concello de Canedo.
Patrimonio A igrexa de Santa Cruz de Arrabaldo, de fábrica románica, foi refeita no século XVI. Conserva restos da armazón mudéxar e algúns restos de pinturas murais.
Nesta parroquia atópase unha das maiores fábricas de produción da empresa ourensá Coren.
Festas As festas patronais teñen lugar o 1 de maio.
Lugares e parroquias Lugares de Arrabaldo
Parroquias de Ourense
Notas
Véxase tamén Bibliografía Rionegro Fariña, I.: "El priorato de Santa Cruz de Arrabaldo de 1750 a 1835: estudio económico". Revista Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, ISSN 1131-5989, Nº 1, 1992, pp. 137–156.
Outros artigos Lugares de Ourense
Categoría:Parroquias de Ourense Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación da Santa Cruz