Emilio García Bengoechea, nado en Vigo o 24 de novembro de 1938, é un ex-remeiro galego. Competiu nos Xogos Olímpicos de 1960 en Roma, na proba de catro con temoneiro.
Traxectoria miniatura|240px|A cidade de Vigo ós seus atletas. Foi remeiro do Real Club Náutico de Vigo e en 1960, despois de proclamarse campión de España no Lago de Banyoles, foi seleccionado para disputar os Xogos Olímpicos de Roma. Participou na proba de catro con temoneiro, celebrada no Lago Albano, xunto aos seus compañeiros do Náutico Franco Cobas, José Luis Méndez e Alberto Valtierra, con Armando González como temoneiro. Remataron de últimos tanto na súa manga dos cuartos de final, como na da repesca, sendo o ouro para o Equipo Alemán Unificado.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do remeiro no sitio web oficial do Comité Olímpico Internacional . Datos do remeiroen sports-reference.com. Arquivado dende o orixinal . Datos do remeiro no sitio web oficial da Federación Internacional de Sociedades de Remo .
Categoría:Nados en 1938 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Remeiros olímpicos de Galicia Categoría:Remeiros nos Xogos Olímpicos de 1960