José Luis Méndez García, nado en Pontevedra o 9 de maio de 1937 e finado o 8 de xaneiro de 2021, foi un remeiro e adestrador galego, que competiu nos Xogos Olímpicos de 1960 en Roma.

Traxectoria miniatura|240px|A cidade de Vigo ós seus atletas. Foi remeiro do Real Club Náutico de Vigo e en 1960, despois de proclamarse campión de España no Lago de Banyoles, foi seleccionado para disputar os Xogos Olímpicos de Roma. Participou na proba de catro con temoneiro, celebrada no Lago Albano, xunto aos seus compañeiros do Náutico Franco Cobas, Emilio García Bengoechea e Alberto Valtierra, con Armando González como temoneiro. Remataron de últimos tanto na súa manga dos cuartos de final, como na da repesca, sendo o ouro para o Equipo Alemán Unificado.

Despois dos Xogos, viviu durante anos en Francia, onde continuou practicando remo. Posteriormente foi adestrador no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, na selección española de remo, e en numerosos clubs como o Liceo Marítimo de Bouzas, a SD Samertolaméu, a SD Tirán, o SC Caminhense ou o Club de Mar de Castropol. Ademais foi preparador da selección de remo de Venezuela para os Xogos Suramericanos de 1970 e o xefe do equipo español de remo nos Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona, onde tamén trasportou a lapa olímpica. Foi cofundador e profesor da Escola de Adestradores da Federación Española de Remo, vicepresidente da propia Federación e cofundador da Asociación de Galegos Olímpicos.

En 1974 fundou o Club Remo do Miño de Tui, do que foi presidente, adestrador, delegado, e ata a súa morte, presidente honorífico.

Recoñecementos En 2013 foi galardoado pola Xunta de Galicia coa Distinción ao Mérito Deportivo, pola súa promoción e fomento da educación física en Galicia.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do remeiro no sitio web oficial do Comité Olímpico Internacional . Datos do remeiro no sitio web oficial da Federación Internacional de Sociedades de Remo . Datos do remeiroen sports-reference.com. Arquivado dende o orixinal .

Categoría:Nados en 1937 Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Remeiros olímpicos de Galicia Categoría:Remeiros nos Xogos Olímpicos de 1960 Categoría:Adestradores de Galicia