O Real Club de Regatas de Galicia é un club náutico situado en Vilagarcía de Arousa. Fundado en 1902, é o club náutico máis antigo de Galicia.

Historia Foi fundada en 1902 absorbendo outra entidade chamada La Peña. O seu primeiro presidente foi John Trulock, avó de Camilo José Cela, e entre os seus promotores estaban o vicecónsul do Reino Unido, Reginald Cameron-Walker, e o armador, consignatario e, máis tarde, alcalde de Vilagarcía, Pío Carrasco Iglesias. En 1905, o rei Afonso XIII concedeulle o título de Real e o permiso para utilizar o seu escudo de armas. En 1913 púxose en marcha a Semana Náutica de Vilagarcía, que foi a primeira semana náutica en España e que ofrecía un premio de 1000 pesetas, unha importante cantidade para a época.

Regatas Organiza anualmente a Regata Almirante Rodríguez Toubes de clase cruceiro, desde 1997, e o Trofeo San Roque da clase Snipe, desde 1968.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Liceo Marítimo de Bouzas

Ligazóns externas

Datos do club no sitio web oficial da Real Federación Española de Vela .

Categoría:Deporte en Vilagarcía de Arousa Categoría:Clubs deportivos de Galicia Categoría:Clubs náuticos