Iñaki Martínez Antelo, nado en Santiago de Compostela en 1969, foi o director do Museo de Arte Contemporánea de Vigo dende o 18 de novembro de 2005 ata finais de 2017.

Traxectoria .

Tras o seu paso polo Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela (1996-1998), foi coordinador de exposicións no Auditorio de Galicia (1998-2002) e coordinador de actividades culturais en Casa Asia, Barcelona (2002-2003). Dende o ano 2003, pouco despois da súa inauguración, desempeñou o cargo de Responsable de Exposicións do MARCO, ao que logo dirixiu entre 2005 e 2017.

É irmán do contrabaixista de jazz Xacobe Martínez Antelo.

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1969 Categoría:Artistas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Directores do Museo de Arte Contemporánea de Vigo