Alan de Nantes, tamén coñecido como Alan da Bretaña (corresponderíalle o nome de Alan III, pero non se lle aplica máis que raramente, e tampouco se utiliza moito o nome Alan II da Bretaña; ás veces menciónase como Alan III de Nantes, aproveitando que Alan III da Bretaña foi o único Alan que non foi conde de Nantes), nado despois de 981 e finado en 990, foi un nobre normando, que foi duque da Bretaña (de jure) e conde de Nantes durante tan só dous anos, desde 988 a 990.

Traxectoria Alan era fillo e sucesor de Guerech da Bretaña e da súa esposa Aremburga de Ancenis.

Sucedeu ao seu pai (morto en 988) como duque e conde cando era moi novo, e morreu, segundo a Chronique de Nantes, de enfermidade no ano 990.

A súa morte permitiu a Conan I da Bretaña, conde de Rennes, que xa matara ao pai de Guerech (e ao irmán deste Hoel I) ocupar Nantes, onde construíu o castelo do Bouffay, para confiar o goberno da cidade ao su aliado o bispo Orscand de Vannes, e proclamarse duque da Bretaña.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Chédeville, André & Noël-Yves Tonnerre (1987): La Bretagne féodale XI<small>e</small>-XIII<small>e</small> siècle. Ouest-France: Université Rennes. ISBN 27-373-0014-2. Tonnerre, Noël-Yves (1994): Naissance de la Bretagne. Géographie historique et structures sociales de la Bretagne méridionale (Nantais et Vannetais) de la fin du VIII<small>e</small> à la fin du XII<small>e</small> siècle Angers: Presses de l'Université d'Angers. ISBN 2-9030-7558-9.

Ligazóns externas La chronique de Nantes (570 environ-1049) .

Categoría:Nobres de Francia Categoría:Historia da Bretaña Categoría:Finados en 990 Categoría:Duques da Bretaña