Marino Dónega Rozas, nado en Huelva o 3 de marzo de 1916 e finado na Coruña o 1 de abril de 2001, foi un escritor e político galego.

Traxectoria Criado en Lugo, Licenciouse en dereito, foi presidente das Mocedades Galeguistas da Coruña (1936). Para escapar á represión franquista logo do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 incorporouse ao exército. Foi un dos fundadores da Editorial Galaxia en 1950 e o seu presidente entre 1980 e 1996. Tamén foi conselleiro de cultura da Xunta preautonómica (1978). Foi membro da Real Academia Galega, sendo o seu secretario durante case vinte anos, do padroado do Instituto da Lingua Galega, da Fundación Penzol, da Fundación Otero Pedrayo e membro de honra da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación. Presentouse como independente nas listas da Unión de Centro Democrático nas primeiras eleccións autonómicas.

Obra Ensaio A memoria e os amigos, Fundación Otero Pedrayo, 1994. De min para vós. Unha lembranza epistolar, 2003, Galaxia.

Edicións

Castelao. Escolma posible, 1964, Galaxia. Poesías: escolma, de Ramón Cabanillas, 1976, Galaxia. Luís Seoane: vida e obra literaria, 1994, Real Academia Galega.

Obras colectivas Importancia do público na revelación teatral, discurso de recepción pública de Jenaro Marinhas del Valle na RAG: resposta de Marino Dónega Rozas, 1979, Ediciós do Castro.

Premios Premio Trasalba en 1994.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha do autor en Galaxia

Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Premio Trasalba Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Nados en Huelva Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 2001 Categoría:Editorial Galaxia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes