Afonso Fernandez Cebolhilha (o Cebollilla) foi un trobador castelán do século XIII.

Traxectoria Identifícaselle como nobre sevillano, da familia dos Cebollilla, documentado como vasalo do nobre Alfonso Pérez de Guzmán, ao que acompañou no seu exilio por terras marroquís a finais do século XIII.

A súa actividade poética sitúase no reinado de Sancho IV e tivo relacións literarias con outros trobadores da lírica galego-portuguesa como: Airas Nunes, Gómez García, Johan Vasquiz de Talaveira e Pai Gómez Chariño entre outros.

Obra Consérvanse sete cantigas de amor, das cales cinco son de dubidosa autoría.

Notas

Categoría:Trobadores en galego-portugués Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Poetas de Galicia