Johan Nunez Camanez foi un trobador ou xograr do século XIII.

Biografía Carolina Michaelis sostén que, polo seu apelido, procede de Camán situado na parroquia de Albeos, no concello de Crecente. Pola súa colocación nos cancioneros a súa actividade poética sitúase entre 1240 e 1260. António Resende de Oliveira atribúelle unha cantiga de escarnio, que nos cancioneros pertence a un Nunes, en base a ela sostén que puido participar na conquista de Xaén.

Obra Consérvanse oito cantigas: cinco cantigas de amigo e tres cantigas de amor. As oito cantigas conteñen unha certa unidade temática e, segundo se ordenen, poden formar unha peza dramático-narrativa dialogada entre tres personaxes.

Notas

Categoría:Trobadores en galego-portugués