dereita|miniatura|Alberto II, conde de Namur, nunha moeda acuñada entre 1040 e 1063.

Alberte II de Namur (m. cara a 1063) foi conde de Namur dende o falecemento do seu irmán (entre 1018 e 1031), até a súa propia morte. Era fillo de Alberte I de Namur, conde de Namur, e de Ermengarda de Baixa Lotarinxia.

Traxectoria Casou con Rexelinda, filla de Gotelón I de Verdún, duque da Alta e Baixa Lotarinxia, e tivo a seguinte descendencia:

Alberte III (n. 1027, m. 1102), conde de Namur. Henrique, conde de Durbuy, morto en Palestina en 1097. Eduvixis de Namur

No 1037, participa na loita contra Eudes II de Blois, conde de Meaux e de Troyes, que aspiraba a construír un reino entre Francia e Xermania. No 1046, toma partido a favor do emperador Henrique III na súa pugna con Godofredo II, duque da Baixa Lotarinxia, e Balduíno V, conde de Flandres. No 1047, fixo reconstruír a igrexa de Saint-Aubin de Namur, e converteuna en colexiata.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Condes de Namur Categoría:Finados en 1963