O outro gardacostas (en ) é un filme estadounidense de 2017 dirixido por Patrick Hughes. Está protagonizado por Ryan Reynolds, Samuel L. Jackson, Gary Oldman e Salma Hayek. O filme conta a historia dun gardacostas (Reynolds) que debe protexer un convicto (Jackson), quen é testemuña nun caso da Corte Penal Internacional.
O outro gardacostas estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 18 de agosto de 2017, e recadou 176 millóns de dólares en todo o mundo. A crítica eloxiou as interpretacións de Reynolds e Jackson, a súa química e as escena de acción, mais criticou o argumento cliché e a execución do filme. A súa secuela, Hitman's Wife's Bodyguard, estreouse o 16 de xuño de 2021.
Estreouse en galego o 30 de xuño de 2021 a través da TVG.
Personaxes Ryan Reynolds como Michael Bryce Samuel L. Jackson como Darius Kincaid Gary Oldman como Vladislav Dukhovich Salma Hayek como Sonia Kincaid Élodie Yung como Amelia Roussel Joaquim de Almeida como Jean Foucher Barry Atsma como Moreno Tine Joustra como Renata Casoria Kirsty Mitchell como Rebecca Harr Sam Hazeldine como Garrett Mikhail Gorevoy como Litvin Richard E. Grant como Mr. Seifert Yuri Kolokolnikov como Ivan Georgie Glen como ICC Lead Judge Chris Wilson como ICC Judge Patrick Hughes como axente da Interpol
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Patrick Hughes Categoría:Filmes de Lions Gate Entertainment Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes rodados en Bulgaria Categoría:Filmes rodados en Ámsterdam Categoría:Filmes ambientados en Londres Categoría:Filmes de 2017 con versión en galego